Solicitante e unidade familiar
A lei establece dúas modalidades:
- Aquela que está integrada as persoas cónxuxes non separadas legalmente e, se as houbese, os fillos ou fillas menores, con excepción dos que se atopen emancipados.
- A formada polo pai ou pola nai e mais polos fillos ou fillas que reúnan os requisitos expostos no apartado anterior, é dicir, que non se atopen emancipados/as (artigo 3 da Lei).
Excepcións ao cómputo de ingresos por unidade familiar:
- Hai situacións nas que o cómputo dos ingresos non se fai pola unidade familiar, senón que tan só se computan os da persoa física, como é o caso que contempla o artigo 3.3 da Lei, en que a persoa solicitante acredita a existencia de intereses contrapostos co resto da familia no litixio para o que se solicita a asistencia.