Neste caso podes obter información de carácter xeral, relativa aos seguintes extremos:
a) Identificación, situación e funcións dos órganos xudiciais e organismos interrelacionados coa Administración de Xustiza.
b) Normas de repartición.
c) Características dos distintos procedementos xudiciais e requisitos para a práctica de actuacións concretas.
d) Lugar, data de celebración e outros datos de interese dos actos xudiciais públicos.
Tamén podes acceder á información particular sobre un procedemento concreto cando acredites interese lexítimo neste. De pretender obter este tipo de información, un/unha funcionario/a da oficina derivarache ao órgano competente para acreditar o interese e, no seu caso, facilitar a información que proceda.