Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Preguntas frecuentes

Dereitos e deberes ante a xustiza


Cales son os principais dereitos e deberes que recoñece a carta de dereitos á cidadanía ante a xustiza?

A Carta de dereitos da cidadanía ante a xustiza recoñece os seguintes principios e dereitos:

  • Principios de transparencia, información e atención adecuada, co obxectivo principal de conseguir unha Administración de Xustiza responsable ante as persoas cidadás, que poderán formular as súas queixas e suxestións sobre o funcionamento desta e esixir, en caso necesario, as reparacións ás que houbese lugar.
  • A necesidade de prestar unha especial atención e coidado na relación da Administración de xustiza con aquelas persoas cidadás que se atopan máis desprotexidas (vítimas do delito, menores de idade, persoas con discapacidade, persoas inmigrantes...). 
  • Na relación da persoa cidadá cos/as avogados/as e procuradores/as, velar por un tratamento axeitado e correcto deontoloxicamente por parte dos devanditos profesionais do dereito cara aos seus clientes.
  • Prever as condicións necesarias para dar eficacia aos dereitos das persoas cidadás tanto fronte aos/ás avogados/as, procuradores/as como ante xuíces/as, maxistrados/as, fiscais, Letrados/as da Administración de Xustiza, e demais persoas e institucións que cooperan coa Administración de Xustiza.
Xunta de Galicia