Asistencia xurídica gratuíta
-
Servizos para a cidadanía
- Comunicacións electrónicas
- Cita previa
- Pericias forenses extraxudiciais
-
Asistencia xurídica gratuíta
- Marco normativo
- Destinatarios
- Insuficiencia de recursos para litixiar
- Prestacións
- Competencia para o recoñecemento do dereito
- Solicitude e procedemento
- Asistencia xurídica gratuíta - Enderezos e teléfonos
- Servizo web de asistencia xurídica gratuíta
- Asistencia xurídica gratuíta - Programa estatístico anual
- Asistencia xurídica gratuíta - Preguntas frecuentes
- Atención á vítima e á cidadanía
- Axenda pública de sinalamentos
- Rexistro Civil
- Actos por videoconferencia
- Poxas xudiciais
- Verificación de documentos (CVE)
- Directorio de órganos xudiciais
- Directorio de colexios profesionais
- Calculadora de xustiza gratuíta
- Calculadora de taxas xudiciais
- Censo xeral de letrados
A asistencia xurídica gratuíta é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución Española de 1978, no seu artigo 24, que consagra o dereito de toda persoa a obter a tutela xudicial efectiva dos/as xuíces/as e tribunais no exercicio dos seus dereitos lexítimos, sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión.
Así mesmo, o artigo 119 establece que a xustiza será gratuíta para os que acrediten insuficiencia de recursos para litigar. Toda persoa que cumpra os requisitos poderá solicitar, nos termos establecidos pola normativa vixente, asistencia xurídica gratuíta nos procedementos xudiciais nos que estea interesada.
A xustiza gratuíta en España adminístrase de forma diferente en función da lexislación aplicable en cada comunidade autónoma. En Galicia, corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a coordinación das sete comisións de asistencia xurídica gratuíta, que son os órganos responsables de administrar o dereito ás persoas cidadás.