Recoñecemento do dereito
A Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta (CAXG) é o órgano responsable, no seu correspondente ámbito territorial, de efectuar o recoñecemento do dereito.
En Galicia, están constituídas sete comisións: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O funcionamento das comisións e delegacións axustarase ao establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, lei derrogada no referente a órganos colexiados.
Os colexios da avogacía e da procuradoría poñerán ao dispor das comisións de asistencia xurídica gratuíta a listaxe de persoas colexiadas exercientes adscritas aos servizos de xustiza gratuíta, con indicación das especializacións.