Oficinas de Xustiza nos Municipios
O proxecto de Oficinas de Xustiza nos Municipios busca dar resposta a problemas relacionados co acceso á xustiza en localidades onde a presenza de órganos xudiciais é limitada ou nula. Estas oficinas teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade aos servizos xudiciais e administrativos, especialmente en áreas con risco de despoboación, permitindo que as persoas cidadás realicen trámites de maneira directa sen ter que desprazarse a grandes cidades.
O obxectivo principal das Oficinas de Xustiza nos Municipios é mellorar a accesibilidade á xustiza e facilitar a interacción das persoas cidadás cos diferentes servizos administrativos e procesais. A través destas oficinas, as persoas cidadás poderán realizar xestións de índole xudicial e administrativa sen ter que desprazarse longas distancias.
Ademais, estas oficinas tamén xogan un papel determinante na dixitalización do sistema xudicial. Moitos dos trámites poderán realizarse de maneira remota, reducindo a necesidade de desprazamentos e facendo que os procesos sexan máis áxiles.
Unha xustiza máis áxil, accesible e cercana para a cidadanía
Que servizos ofrecen as Oficinas de Xustiza nos Municipios?
> Asistencia á persoa xuíz de paz no exercicio das funcións que teña legalmente atribuídas.
> Atención á cidadanía e accesibilidade ao Servizo Público de Xustiza:
- Actos de comunicación procesual: as oficinas realizarán actos de comunicación procesual coas persoas residentes no municipio.
- Asistencia á cidadanía no uso de ferramentas dixitais que permitan realizar xestións coa Administración de Xustiza (por exemplo: obtención de Cl@ve Xustiza, acceso ao expediente xudicial electrónico, obtención de certificados, citas previas...).
- Xestión de solicitudes de asistencia xurídica gratuíta.
> Servizos orientados á xestión e colaboración coas Oficinas Xudiciais:
- Actos de comunicación procesual: as oficinas realizarán actos de comunicación procesual coas persoas residentes no municipio.
- Actividades encamiñadas a permitir que quen resida no municipio poida comparecer ante os órganos xudiciais ou oficinas xudiciais de forma telemática.
- Colaboración coa Oficina Xudicial en servizos auxiliares, así como atención á cidadanía para o acceso, en modo consulta, ao sistema de xestión procesual.
> Servizos de xestión e colaboración con outras unidades da Administración de Xustiza:
- Colaborar co Rexistro Civil en aspectos como facilitar información á cidadanía en materia de rexistro civil, expedir determinados certificados, recibir e rexistrar solicitudes, entre outros.
- Colaborar coas oficinas ou unidades competentes na implementación de medios adecuados de solución de controversias (MASC).
- Colaborar coas oficinas ou unidades competentes na asistencia a vítimas de delitos.
> Servizos de atención ao persoal da Xudicatura, Fiscalía e Administración pública.
Modelos de referencia
MODELO A
Persoal só pertencente á Administración de Xustiza.
Na data en que se constitúa o tribunal de instancia do partido xudicial, cada secretaría de xulgado de paz desta clase transformarase nunha OXM, dotada con persoal funcionario da Administración de Xustiza e que prestará servizo unicamente no propio municipio.
MODELO B
Cabeceira da área. Persoal só pertencente á Administración de Xustiza.
As OXM cabeceira de área dotadas con persoal funcionario da Administración de Xustiza prestarán servizo no propio municipio e nos municipios integrados na súa área de influencia.
MODELO C
Integrada nunha área. O seu persoal é persoal idóneo designado polo concello.
OXM integradas na agrupación, dotadas con persoal designado polos concellos e atendidas por persoal da Administración de Xustiza da cabeceira. Prestarán servizo no municipio. Este persoal poderá realizar funcións auxiliares para asistir á cidadanía nun conxunto de servizos e prestacións a través dos sistemas dixitais cos que contarán ditas oficinas.
MODELO D
Non integrada na súa área. O seu persoal é persoal idóneo designado polo concello.
Prestarán servizo unicamente no propio municipio. O persoal destas OXM será atendido pola Oficina Xudicial do seu partido xudicial.
A dixitalización nas Oficinas de Xustiza nos Municipios: maior accesibilidade, axilidade e proximidade
Ligazóns relacionadas
- Novo Modelo Organizativo do Servizo Público de Xustiza (NUMO)
- Directorio dos órganos xudiciais galegos
- Modelos de tramitación Oficina de Xustiza no Municipio
- MODELO 1. Dilixencia de remisión da solicitude á OJM competente.docx
- MODELO 2. Oficio de reexpedición da solicitude de cooperación á OJM competente.docx
- MODELO 3. A Oficina comunica á persoa solicitante a remisión da solicitude á OJM competente.docx
- MODELO 4. Dilixencia de cumprimento da solicitude de cooperación.docx
- MODELO 5. Dilixencia de devolución por non cumprir os requisitos.docx
- MODELO 6. Dilixencia de cumprimento da solicitude e devolución.docx
- MODELO 7. Dilixencia de devolución solicitude cooperación.docx
- MODELO 8. Dilixencia de notificación xenérica no domicilio.docx
- MODELO 9. Dilixencia de requirimento.docx
- MODELO 10. Dilixencia de notificación e requirimento.docx
- MODELO 11. Comparecencia.docx
- MODELO 12. Dilixencia cumprimento da solicitude.docx
- MODELO 13. Xustificante de asistencia.docx
- MODELO 14. Dilixencia texto libre.docx
- MODELO 15. Comparecencia.docx
- MODELO 16. Certificación.docx
- MODELO 17. Texto libre (con cabeceira).docx
- MODELO 18. Texto libre absoluto.docx
Ligazóns relacionadas
- Novo Modelo Organizativo do Servizo Público de Xustiza (NUMO)
- Directorio dos órganos xudiciais galegos
- Modelos de tramitación Oficina de Xustiza no Municipio
- MODELO 1. Dilixencia de remisión da solicitude á OXM competente.docx
- MODELO 2. Oficio de reexpedición da solicitude de cooperación á OXM competente.docx
- MODELO 3. A Oficina comunica á persoa solicitante a remisión da solicitude á OXM competente.docx
- MODELO 4. Dilixencia de cumprimento da solicitude de cooperación.docx
- MODELO 5. Dilixencia de devolución por non cumprir os requisitos.docx
- MODELO 6. Dilixencia de cumprimento da solicitude e devolución.docx
- MODELO 7. Dilixencia devolución solicitud cooperación.docx
- MODELO 8. Dilixencia de notificación xenérica no domicilio.docx
- MODELO 9. Dilixencia de requerimiento.docx
- MODELO 10. Dilixencia de notificación e requerimento.docx
- MODELO 11. Comparecencia.docx
- MODELO 12. Dilixencia cumprimento da solicitude.docx
- MODELO 13. Xustificante de asistencia.docx
- MODELO 14. Dilixencia texto libre.docx
- MODELO 15. Comparecencia.docx
- MODELO 16. Certificación.docx
- MODELO 17. Texto libre (con cabecera).docx
- MODELO 18. Texto libre absoluto.docx