Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Preguntas frecuentes

Comunicacións electrónicas


Cales son as diferenzas entre unha substitución e unha autorización de persoal?

Nunha substitución é posible presentar escritos e documentos, trasladar copias e recibir actos de comunicación en substitución dun/dunha profesional do mesmo corpo, cando así o prevén as súas normas estatutarias.

Nunha autorización de persoal é posible presentar escritos e realizar actos de comunicación en nome doutro/a profesional a través do seu propio correo electrónico. Os/As profesionais autorizados/as deben acceder co seu certificado persoal, pero os escritos e documentos que se envían deben estar asinados polo/a titular do correo electrónico, posto que, a todos os efectos, serán presentados no seu nome.

Como debo escanear un documento?

Os distintos documentos que achegue á presentación deberían de ser escaneados de xeito separado, en branco e negro e cunha resolución de 200 puntos por polgada (200ppp).

Como podo presentar unha execución?

A presentación de escritos iniciadores de execución non está dispoñible en algunhas das plataformas homologadas, polo que, no caso de estar nesta situación, deberei acceder directamente a Lexnet para poder levala a cabo.

A opción de presentar execución distingue entre execución de título xudicial ou extraxudicial, de xeito que unha demanda de execución hipotecaria debera presentarse como “iniciador de execución”.

Como podo xustificar unha caída no servizo?

Cando o sistema LexNET non estea dispoñible a presentación poderase levar a cabo de xeito presencial achegando o xustificante de indispoñibilidade do servizo emitido polo propio sistema:

Non será válida como xustificación a presentación das capturas de pantalla do erro sucedido durante a presentación.

Podo acreditar a outras persoas para presentar escritos no meu nome?

Os/as profesionais da xustiza dispoñen dunha opción de menú en LexNET que lles permite habilitar a persoal autorizado para acceder á súa caixa de correo e utilizar a totalidade de funcionalidades dispoñibles na aplicación.

No seguinte documento poden verse os pasos concretos para levar a cabo esta autorización:

Que documentos teñen a consideración de “urxentes”?

  • Procedementos nos que se soliciten medidas cautelares de calquera orde xurisdicional, medidas provisionais en procesos de familia, medidas cautelarísimas na orde contencioso administrativa e medidas solicitadas en procedementos xudiciais de violencia sobre a muller.
  • Procedementos relativos á protección dos dereitos fundamentais nas ordes civil, social e contencioso-administrativa.
  • Procedementos nos que se fixese un sinalamento para unha data próxima, entendéndose como tales, aqueles nos que medien menos de dez días entre a data de presentación do escrito e o día sinalado para a celebración da vista ou comparecencia.

Que fago se os documentos que teño que presentar superan a capacidade permitida por LexNET?

Podo presentar o resto da documentación de maneira telemática a través do formulario Documentación exceso de cabida en LexNET, dispoñible no portal web de ACCEDA-Xustiza, cando o envío vaia dirixido a algún dos seguintes órganos:

  • Oficina de Rexistro e Repartición Civil da Coruña.
  • Oficina de Rexistro e Repartición  Civil de Lugo.
  • Oficina de Rexistro e Repartición  Civil de Ourense.
  • Oficina de Rexistro e Repartición  Civil de Vigo.
  • Oficina de Rexistro e Repartición Instrución de Ferrol.

Se teño dúbidas sobre como facelo, podo consultar aquí a ficha dirixida a profesionais.

No caso de que o órgano ao que vai dirixido o envío todavía non teña habilitada a posibilidade de recibir a documentación restante de maneira telemática, terei que marcar o campo “documentación incompleta” e achegarme a Oficina de Rexistro e Repartición correspondente para presentar, en formato electrónico e correctamente asinada, a documentación restante.
Esta documentación debe ir acompañada do formulario “Modelo para a presentación directa de documentos nas Oficinas de Rexistro e Reparto ou Xulgados únicos no partido xudicial” que podo descargar aquí.

Que navegadores son compatibles con LexNET?

LexNET é compatible cos navegadores Microsoft Edge, Google Chrome ou Mozilla Firefox.

Que podo facer se me dou conta de que a presentación telemática que acabo de facer non é correcta?

No caso de darme conta de que un escrito que acabo de presentar de xeito telemático non é correcto, antes de levar a cabo unha segunda presentación do mesmo escrito, debo poñerme en contacto coa Oficina de Rexistro e Repartición correspondente para comunicarlle o erro cometido e que rexeiten a dita presentación antes de incorporala ao sistema de xestión procesual.

Respecto as persoas intervenientes, que datos estou obrigado a cubrir?

A totalidade dos datos da persoa demandante e os datos que coñeza da persoa demandada. No caso de non dispoñer do DNI da persoa demandada, non se deberá cubrir ningún dato referente á mesma.

Son un concello, deputación ou universidade que quero empezar a utilizar as comunicacións telemáticas cos órganos xudiciais. Que teño que facer?

  • Ter preparados os equipos informáticos nos que se vaia a utilizar LexNET segundo o indicado en https://www.administraciondejusticia.gob.es/lexnet.
  • Dispoñer de tarxetas criptográficas cun certificado electrónico recoñecido por Industria e aceptado por LexNET (https://www.administraciondejusticia.gob.es/lexnet).
  • Dotar ás persoas usuarias de escáneres para os casos nos que non vaian traballar con documentos electrónicos na súa orixe e, polo tanto, deban dixitalizar documentos en formato papel. Estes escáneres deben contar coa funcionalidade de recoñecemento óptico de caracteres (OCR) para que os documentos que se remitan aos órganos xudiciais permitan a realización de buscas por contido. Tamén deberán estar configurados cunha resolución de 200 puntos por polgada e en branco e negro.
  • Contar cunha caixa de correo de LexNET que debo solicitar mediante un correo electrónico á conta cau-periferico@xunta.es onde recibirei as instrucións precisas para realizar este trámite. Se teño algunha dúbida tamén podo contactar co CAU no teléfono 881 995 300.

Para máis información accede a: https://www.eidolocal.gal/ficha-servicio?id=20120

Teño que asinar electronicamente os distintos documentos presentados?

Si, é obrigatorio que todos os documentos da presentación telemática veñan asinados electronicamente polo/a profesional que os presenta, non sendo válidos os documentos que presenten unha firma manuscrita escaneada.

Para asinar electronicamente deberei ter instalada a ferramenta AutoFirma. Podo descargala de forma gratuíta desde a web oficial. Se teño dúbidas sobre como instalar AutoFirma no meu ordenador, consultarei os manuais publicados: 

Se preciso comprobar que as miñas firmas electrónicas serán correctas, podo realizar unha proba na web Valide.

 

Xunta de Galicia