Rexistro Civil
"É necesario pedir cita previa no Rexistro Civil para evitar desprazamentos innecesarios"
O Rexistro Civil é único e constitúe a proba dos feitos inscritos. É a institución rexistral que ten o labor, entre outras funcións, de dar publicidade e cooperar na constatación dos feitos e actos que acontecen dende o nacemento dunha persoa ata a súa morte.
Entre as principais funcións e competencias, o Rexistro Civil é a institución na que se inscriben os feitos concernentes a:
- Estado civil das persoas e aqueles outros como o nacemento, a filiación, o nome e apelidos e cambios sobre estes, a emancipación e a habilitación de idade.
- As modificacións xudiciais da capacidade das persoas ou que estas foron declaradas en concurso, insolvencia ou suspensión de pagamentos.
- As declaracións de ausencia ou falecemento.
- A nacionalidade e veciñanza.
- A patria potestade, tutela e demais representacións.
- O matrimonio.
- A defunción.
O Rexistro Civil depende da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza. A súa estrutura e organización é a seguinte:
-
Oficinas Xerais. Existen nas poboacións que sexan capital dun partido xudicial e substitúen aos anteriores Rexistros Civís exclusivos e principais, mantendo as mesmas funcións de estes, aínda que o Encargado destas oficinas é un/ha Letrado/a da Administración de Xustiza.
-
Oficinas colaboradoras. Estas oficinas comprenden os anteriores Rexistros Civís Municipais Delegados. As súas funcións xa no están desenvolvidas polos xuíces/as de paz, sendo os Letrados/as da Administración de Xustiza das Oficinas Xerais quen desenvolvan as funciones de Encargado/a do Rexistro Civil, tanto na súa Oficina Xeral como nas oficinas colaboradoras do seu partido xudicial.
-
Oficinas Consulares. Estas están ao cargo dos/as Cónsules de España no estranxeiro e teñen competencia para a práctica dos asentos rexistrais relativos a persoas españolas sobre feitos ocorridos na súa circunscrición consular.
-
Oficina Central. Esta oficina substitúe ao Rexistro Civil Central. Entre outras funcións, encárgase de practicar a inscrición dos documentos auténticos estranxeiros xudiciais e extraxudiciais e certificacións de asentos estendidos en Rexistros estranxeiros, salvo aqueles cuxa competencia poida corresponder ás Oficinas Consulares do Rexistro Civil.
O modelo de rexistros civís actual foi reformado coa aprobación da Lei de Rexistro Civil, de 2011, e da súa reforma, a Lei 6/2021, que introduciron cambios organizativos, funcionais, tecnolóxicos e normativos. A entrada en vigor de ambas leis tivo lugar o 30/04/2021.