Carpeta Justicia
Neste servizo de Carpeta Justicia do Ministerio de Xustiza podes consultar toda a información xudicial electrónica que poñan á túa disposición –tanto a Administración de Xustiza en Galicia como outras comunidades autónomas e tribunais de ámbito estatal adscritos a este servizo– relacionada con:
- Expedientes xudiciais electrónicos: consulta en tempo real o estado dos teus expedientes en tramitación. Este servizo está dispoñible para persoas físicas e xurídicas.
- Notificacións xudiciais: accede ás notificacións dispoñibles asociadas ao teu usuario ou procedemento. Este servizo está dispoñible para persoas físicas e xurídicas.
- Sinalamentos: consulta as datas e horas de celebración de xuízos, vistas ou comparecencias. Este servizo está dispoñible tanto para persoas físicas e xurídicas, como para profesionais.
Que é a Carpeta Justicia?
A Carpeta Justicia constitúe un novo punto de acceso Dixital complementario á Sede Xudicial Electrónica de Galicia que che permitirá consultar información xudicial de forma centralizada. Nela terás accesible, alén da información rexistrada na Administración de Xustiza en Galicia, a doutras Comunidades Autónomas e Tribunais de ámbito estatal que estean integrados con Carpeta Justicia.
Quen poden utilizar Carpeta Justicia e como se accede?
Poden acceder os seguintes colectivos:
- Persoas físicas (cidadanía).
- Persoas xurídicas (empresas).
- Profesionais da xustiza (avogados, procuradores, graduados sociais, etc.)
- DNI electrónico
- Certificado electrónico recoñecido
- Cl@ve Móbil (inclúe Cl@ve PIN)
- Cl@ve Permanent
