Novo Modelo Organizativo do Servizo Público de Xustiza (NUMO)
Novo Modelo Organizativo do Servizo Público de Xustiza (NUMO)
A Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza, introduce unha serie de reformas no sistema público de xustiza co obxectivo de mellorar a eficiencia, a accesibilidade e a calidade do servizo xudicial que responda as necesidades actuais da cidadanía. Como reforma principal, establece un novo modelo de organización e funcionamento da oficina xudicial, que se coñece como NUMO que busca facilitar o acceso á xustiza e reducir os tempos de espera nos procedementos xudiciais.
O obxectivo da LO 1/2025 é mellorar a eficiencia, a accesibilidade e a calidade do servizo xudicial.
Principais cambios no sistema de xustiza
1. Creación dos Tribunais de Instancia
2. Reordenación da oficina xudicial
3. Creación das Oficinas de Xustiza nos Municipios
4. Medios alternativos de solución de conflitos (MASC)
5. Impulso á dixitalización e aceleración dos procedementos
Fases de implementación
A implementación do novo modelo de organización xudicial levarase a cabo en varias fases para asegurar que todas as persoas usuarias estean preparadas e que o sistema funcione de maneira óptima.
O calendario de implantación, segundo as distintas fases fixadas na lei para toda España, será:
- FASE I: O día 1 de xullo de 2025 para os xulgados de Primeira Instancia e Instrución dos 38 partidos xudiciais de Galicia existentes nas vilas.
- FASE II: Non aplicable a Galicia.
- FASE III: O día 31 de decembro de 2025 farano os xulgados e tribunais das 7 cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra). Esta transformación non afecta en absoluto aos municipios sede de partido xudicial. Tampouco afecta directamente á súa cidadanía. O cambio prodúcese máis ben nos actuais xulgados de paz.
Ligazóns relacionadas
- Directorio dos órganos xudiciais galegos
- Oficinas de Xustiza nos Municipios
- Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas previsións contidas na Lei Orgánica 1/2025
- Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza nos municipios de Galicia.
- Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza, fase I
- Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase I