Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Preguntas frecuentes

Xuíces de paz


Que competencias ten un/ha xuíz/a de paz?

O/A xuíz/a de paz é competente, entre outras, nas seguintes materias:

  • En materia civil é competente para coñecer, en primeira instancia, dos xuízos verbais relativos a reclamacións por cantidades non superiores a 150 euros. Tamén lles corresponde o coñecemento dos expedientes de conciliación civil de contía inferior a 10.000 euros.
  • En materia de rexistro civil poderán expedir certificados de matrimonio, nacemento ou defunción, tramitar e resolver expedientes, recibir e rexistrar documentos, proporcionar información á cidadanía e realizar videoconferencias coas unidades do rexistro civil. 
  • En materia penal é competente para coñecer en primeira instancia dos xuízos por delitos leves que ocorran no seu municipio, como ameazas, coaccións, danos leves e maltrato animal.
    Tamén coñecen dos actos de conciliación por feitos ocorridos no seu municipio nos procedementos por delitos de inxuria e calumnia contra particulares.
  • En materia de auxilio xudicial  é competente para a realización dos actos de comunicación requiridos por outros órganos xudiciais. 

Quen é e que función ten o/a xuíz/a de paz?

En todos os municipios onde non existe un Xulgado de Primeira Instancia se atopa unha Oficina de Xustiza no Municipio como órgano de representación da Administración de Xustiza.

Á cabeza da Oficina de Xustiza no Municipio e representando á Administración de Xustiza nese municipio, encóntrase o/a xuíz/a de paz que é un/ha xuíz/a sen formación xurídica específica, que leva a cabo funcións xurisdicionais en todo o municipio e que integran o Poder Xudicial durante o tempo que está a desempeñar este cargo.

Quen pode ser xuíz/a de paz?

Debido a que se trata unha persoa sen formación xurídica específica, pode ser xuíz/a de paz calquera persoa que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ser cidadán/á español/a.
  • Ser maior de idade.
  • Non ter causa de incapacidade ou de incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais, aínda que pode ter a súa propia actividade profesional ou mercantil e non é necesario que dispoña do título de licenciado/a en Dereito.
  • Ser nomeado/a seguindo o procedemento establecido legalmente.
Xunta de Galicia