Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Comunicacións electrónicas

Comunicacións electrónicas


O Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, que modifica a Lei Reguladora da Xurisdición Social e a Lei de Axuizamento Civil, establece que teñen a obriga de relacionarse coa Administración de Xustiza por medios electrónicos:

  • As persoas xurídicas
  • As entidades sen personalidade xurídica
  • Quen exerza unha actividade profesional que requira colexiación obligatoria

As notificacións son xeradas por parte da Administración de Xustiza de forma habitual en Minerva e enviadas a través de LexNET, pero a recepción polas persoas obrigadas pode realizarse a través de 3 canles: Notifica.gal, Sede Xudicial Electrónica ou Dehú.

Este sistema permite verificar que as notificacións sexan fidedignas coa xeración de evidencias comprobables da entrega polo emisor e a recepción polo destinatario, conforme á normativa vixente.
Xunta de Galicia