Actos por videoconferencia
Nas actuacións xudiciais nas que unha ou varias persoas intervenientes non se atopen presentes na sala no momento da celebración, estas poderán participar a través de videoconferencia.
A continuación, dispós da información sobre como conectarte a unha videoconferencia:
- Se intervés en calidade de profesional.
- Se te atopas en situación de internamento domiciliario ou nun centro de maiores ou hospitalario.
Para conseguir unha boa experiencia no momento previo e durante a celebración da videoconferencia, consulta o decálogo de boas prácticas e recomendacións.
A) Profesionais
Nas actuacións xudiciais nas que se participa por videoconferencia, os/as profesionais acceden ao acto a través da ligazón web que é comunicada polo órgano.
Para utilizaren esta ligazón web pódese empregar un ordenador, un móbil ou unha tablet, sempre que se dispoña de boa conexión a internet e dos medios audiovisuais necesarios: cámara, micrófono e altofalantes.
O órgano envíache por correo electrónico unha ligazón para entrar na videoconferencia. Segundo o sistema utilizado, recibirás un tipo de ligazón ou outro, pero sempre tes que recibir unha para poder participar.
No correo que vas recibir do órgano, xunto coa ligazón de participación, nalgúns casos recibirás claves da reunión: o número e o contrasinal que tes que utilizar no acceso ou a petición de rexistro para participar nela. Consulta como utilizar estes datos nos seguintes apartados:
- No caso de que o órgano utilice Cisco Webex a ligazón comezará así:
https://xunta.webex.com/xunta/[...]
Consulta aquía guía de rexistro, acceso e utilización de Cisco Webex.
Fai clic na ligazón ou corta e pega nun dos navegadores recomendados (Edge, Google Chrome ou Firefox). Se accedes por primeira vez ao sistema, é posible que o navegador solicite permisos para poder acceder ao teu micrófono e cámara web. Acepta a solicitude e fai a proba que che ofrece para verificar o teu vídeo e audio. Se non desexas descargar a aplicación para conectarte desde web, cancela a pantalla emerxente e selecciona "Únase desde él navegador".
Tamén podes conectarche á videoconferencia desde a aplicación, que terás que descargar previamente no teu ordenador, móbil ou tablet. Cando vaias empregar a aplicación para conectarche á videoconferencia, é importante que utilices a axeitada, tendo en conta a ligazón que enviou o órgano.
No caso de que utilices o móbil ou a tablet, podes descargar a aplicación desde o centro de descarga de aplicacións do teu dispositivo, seguindo o mesmo proceso que para descargar calquera outra aplicación.
B) Internamentos domiciliarios ou nun centro de maiores ou hospitalario
As persoas que se atopan en situación de internamento domiciliario ou nun centro de maiores ou hospitalario baixo tutela e/ou responsabilidade dunha entidade pública ou privada, poden participar en comparecencias nos órganos xudiciais a través de videoconferencia sen necesidade de trasladarse fisicamente á sede xudicial correspondente.
Está aprobado pola Sala de Goberno do TSXG o protocolo de participación telemática nos actos xudiciais para a relación coas residencias e centros de maiores. Tamén está dispoñible unha guía rápida que podes descargar aquí, e unha folla de divulgación que podes consultar sempre que o necesites.
O proceso para conectarse á videoconferencia é o mesmo que o que realizan os/as profesionais, publicado nesta páxina.
Algunhas recomendacións que se deben ter en conta:
- É importante que consideres e valores as necesidades de audición é visión.
- Asegúrate de que o tamaño da pantalla e o volume do son sexan os idóneos.
- No caso de ter usar móbil ou tablet, recoméndase empregar pantallas grandes e dispositivos actualizados.
- Procura que o espazo onde se realice a conexión garanta privacidade e ausencia de interrupcións.
Ligazóns relacionadas
- Guía de participación por videoconferencia por Cisco Webex - profesionais
- Guía de participación por videoconferencia mediante Cisco Webex - centros de maiores e sanitarios
- Protocolo de participación telemática nos actos xudiciais para a relación coas residencias e centros de maiores
- Folla de divulgación de actos por videoconferencia para os centros de maiores e sanitarios