Pericias forenses extraxudiciais
O 1 de xaneiro de 2016 entrou en vigor o Real decreto 1148/2015, do 18 de decembro, polo que se regula a realización de pericias por solicitude de particulares polos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos a motor. Esta norma pretende ofrecer un novo mecanismo a cidadanía que permita unha solución rápida, segura e efectiva naqueles accidentes nos que se produza un dano corporal indemnizable.
Mediante Decreto 47/2016, do 21 de abril, a comunidade autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias, fixa os prezos públicos das pericias efectuadas polo Instituto de Medicina Legal de Galicia por solicitude de persoas particulares, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos de motor.
A solicitude poderá presentarse:
- A través dos medios electrónicos habilitados;
- Na sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia en Santiago de Compostela ou nas súas subdireccións territoriais;
- Nos lugares previstos na lexislación do procedemento administrativo común das Administracións Públicas ou a través dos medios electrónicos habilitados.