Solicitude e pagamento
Solicitude
A solicitude poderá presentarse na sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia en Santiago de Compostela ou nas súas subdireccións territoriais, nos lugares previstos na lexislación do procedemento administrativo común das Administracións Públicas ou a través dos medios electrónicos habilitados.
Descarga do formulario de solicitude:
Pagamento
O formulario para o pagamento do prezo pódese elaborar na páxina "Tributos da Comunidade Autónoma - Taxas e prezos" da web da Axencia Tributaria de Galicia.
Neste espazo atópase o “Modelo AI. Autoliquidación de tasas” que pode cubrir e descargar para o seu pagamento en calquera das entidades colaboradoras enumeradas no anexo VII da orde de 30 de xuño de 1992 ou completar o seu pagamento de xeito telemático a través da Oficina Virtual Tributaria á que se pode acceder desde Pago de taxas e prezos.
Para a formalización do pagamento, os códigos a utilizar son os seguintes:
- Consellería: 04-Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Servizo: 025-Instituto de Medicina Legal de Galicia
- Delegación: 13 - Servizos Centrais
- Taxa: 353500 – Ditames periciais do IMELGA
Documentos relacionados
- Real Decreto 1148/2015, do 18 de decembro, polo que se regula a realización de pericias a solicitude de particulares polos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos a motor PDF - 408 Kb
- Formulario de solicitude de informe forense a petición de particulares (anexo I do Real Decreto 1148/2015, de 18 de decembro) PDF - 178 Kb