Tradutores/as e intérpretes
"As principais funcións dos/as tradutores/as e intérpretes son trasladar o contido dun documento ou dunha conversación oral dunha lingua a outra"
O perfil profesional dos/as tradutores/as e intérpretes que exercen a súa actividade no ámbito da xustiza está composto polos seguintes profesionais:
- Os/As tradutores/as e intérpretes xudiciais. Aqueles/as profesionais que traballan para os órganos xudiciais ou no ámbito da Administración de xustiza traducindo todo tipo de documentos necesarios para un proceso xudicial ou realizando a función de trasladar unha conversación dunha lingua a outra no ámbito dun proceso xudicial. As titulacións de acceso a este grupo son variadas: licenciatura en Tradución e Interpretación, Filoloxía, Dereito, etc. Estes/as profesionais, á súa vez, divídense en:
- Tradutores/as e intérpretes xudiciais pertencentes á Administración. Aqueles/as profesionais que pertencen á Administración de xustiza.
- Tradutores/as e intérpretes independentes. Os/As profesionais que realizan as traducións ou interpretacións para os órganos xudiciais a través da empresa adxudicataria do servizo de tradución e interpretación da Administración de xustiza da comunidade autónoma ou órgano xudicial no que así se determinara. Estes/as profesionais tamén poden realizar intervencións puntuais nos órganos xudiciais en virtude da súa pericia constatada na tradución e interpretación.
As funcións que desempeñan os/as tradutores/as e intérpretes xudiciais están amparadas pola Lei Orgánica do Poder Xudicial, segundo a cal, en todas as actuacións orais, o/a xuíz/a ou tribunal poderá habilitar como intérprete a calquera persoa coñecedora da lingua empregada, logo de xuramento ou promesa daquela.
- Os/As tradutores/as e intérpretes xurados son profesionais nomeados polo Ministerio de Asuntos Exteriores ou polas comunidades autónomas con competencia na materia e habilitados/as para realizar traducións e interpretacións xuradas. Poden abranguer tanto o ámbito público (certificacións e títulos, documentos do Rexistro Civil) coma o ámbito privado (documentación administrativa e documentación notarial). O nomeamento indicado pode alcanzarse polas seguintes vías:
- Superación do exame que convoca o propio Ministerio de Asuntos Exteriores anualmente.
- Xustificación dunha serie de créditos en tradución e interpretación xurídica (licenciatura ou grao en Tradución e Interpretación).
Independentemente de se se trata de tradutores/as e intérpretes xudiciais ou xurados, as principais funcións de ambos os dous son:
- No caso dos/as tradutores/as, trasladar o contido dun documento que foi redactado nunha lingua a outra lingua.
- A tradución será xurada cando, a través da habilitación oficial concedida pola Administración, o/a intérprete certifica, sela e asina a validez da tradución e a súa fidelidade respecto ao documento orixinal, características esixidas polos organismos e autoridades que requiren traducións xuradas.
- As traducións poderán ser solicitadas con motivo do sometemento a proba de diversa documentación oficial en xuízos, vistas e procedementos administrativos: certificacións e títulos oficiais, escrituras, contratos, documentación administrativa, documentación notarial, etc., todos eles redactados nunha lingua diferente á oficial seguida no proceso xudicial.
- No caso dos/as intérpretes, trasladar unha conversación dunha lingua a outra.
- A interpretación será xurada cando, a través da habilitación oficial concedida pola Administración, o/a intérprete certifica a veracidade e fidelidade das conversacións que traduciu.
- A interpretación será xurada cando, a través da habilitación oficial concedida pola Administración, o/a intérprete certifica a veracidade e fidelidade das conversacións que traduciu.