Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Dereito civil en Galicia

Dereito civil en Galicia


Institucións xurídicas

O dereito civil de Galicia regula diversas materias e institucións como son as comunidades de montes veciñais en man común, as de augas, as agras e os vilares, os muíños de herdeiros, as serventías, a parzaría, o arrendamento rústico, o lugar acasarado, o réxime económico familiar con fórmulas específicas de dereito sucesorio, o vitalicio, a compañía familiar galega e algunhas outras materias derivadas de relacións de veciñanza, como son a gabia, o resío, a venela e os montes abertais e outras institucións xurídicas propias de Galicia.

Este dereito é de aplicación en todo o territorio da comunidade autónoma, salvo nos casos nos que, conforme ao dereito interrexional ou internacional persoal, deban aplicarse outras normas.

A suxeición a esta lei determinarase pola veciñanza civil, conforme ao disposto no dereito civil común. Os galegos e galegas que residan fose de Galicia terán dereito a manter a veciñanza civil galega conforme ao disposto no dereito civil común e, en consecuencia, poderán seguir suxeitos ao dereito civil de Galicia.

A primeira lei de dereito civil de Galicia aprobouse en 1995, pero no ano 2006 foi modificada para eliminar regulacións ambiguas e mellorar a aplicación dalgunhas institucións, como as que se refiren refiren á adopción de menores, ou á autotutela.

Xunta de Galicia