Dereito civil en Galicia
Comisión superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego
A comisión é o órgano consultivo da Xunta de Galicia para o desenvolvemento, modificación e conservación das institucións do dereito civil galego, co obxectivo de ser o motor da súa recuperación e adaptación á realidade da sociedade galega. Para iso, realiza estudos, ditames e informes solicitados pola Administración autonómica en materia de dereito de Galicia.
As principais funcións que ten atribuídas a Comisión superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego son:
- A conservación, modificación e desenvolvemento das institucións do dereito civil galego.
- Desenvolvemento de normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico dereito galego ou da organización propia dos poderes públicos galegos.
- Emisión de ditames e informes facultativos e non vinculantes nas materias indicadas.
- Calquera outra que lle poida ser encomendada en materia de dereito civil galego.
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de Autonomía de Galicia
- Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia
- Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común
- Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia
- Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia
- Decreto 107/1999, do 8 de abril, sobre a comisión superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego
- Decreto 182/1999, do 17 de xuño, polo que se amplía o número de vogais da Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego
- Decreto 330/1999, do 9 de decembro, polo que se establecen as unidades mínimas de cultivo para o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar
- Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da lei de concentración parcelaria para Galicia
- Lei 5/2005, do 25 de abril, reguladora do recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia
- Lei 6/2005, do 7 de decembro, pola que se modifica a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia
- Lei 10/2007, de 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia
- Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego
- Decreto 22/2011, do 10 de febreiro, polo que se amplía o número de vogais da Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego