Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Tradutores/as e intérpretes

Tradutores/as e intérpretes de galego


Tradución e Interpretación en idiomas non oficiais

A interpretación e tradución en idiomas non oficiais, que se realiza mediante contrato de adxudicación a unha entidade privada, inclúe, entre outros, os seguintes servizos:

  • No marco das dilixencias de investigacións previas ao procedemento xudicial, tramitadas polo Ministerio Fiscal.
    • A Interpretación das declaracións orais de testemuñas e as traducións escritas que se soliciten pola Fiscalía.
  • En procedementos xudiciais do ámbito penal:
    • A interpretación das declaracións orais de imputados/as e de testemuñas e a tradución de escritos en poder dos órganos xudiciais, cando estes servizos sexan solicitados de oficio, por petición do Ministerio Fiscal ou sexan solicitados por unha das partes que teña recoñecido o dereito da asistencia xurídica gratuíta
  • En procedementos dos ámbitos civil, social ou contencioso-administrativo:
    • A interpretación das declaracións das partes e de testemuñas e a tradución de escritos en poder dos órganos xudiciais, cando sexan solicitados por unha das partes que ten recoñecido o dereito da asistencia xurídica gratuíta, cando sexan acordados de oficio ou por petición do Ministerio Fiscal en beneficio de persoas con discapacidade ou menores desamparados.

Ligazóns relacionadas

Para saber máis...