Matrimonios
"A inscrición do matrimonio celebrado en forma civil requirirá a tramitación dun expediente previo no que as persoas contraentes acrediten o cumprimento dos requisitos de capacidade e a inexistencia de impedimentos ou a súa dispensa"
No ordenamento xurídico español, os efectos civís do matrimonio canónico ou civil prodúcense desde a súa celebración. Para que os efectos sexan recoñecidos abondará a inscrición do matrimonio. A inscrición de todo matrimonio fai fe do acto do matrimonio e da data, hora e lugar no que se contrae.
A inscrición do matrimonio en forma relixiosa poderá facerse mediante a simple presentación da copia da acta sacramental ou certificación eclesiástica da igrexa ou confesión respectiva ante o Rexistro Civil do lugar onde se celebrase o matrimonio.
A inscrición do matrimonio en forma civil requirirá a tramitación dun expediente previo no que os as persoas contraentes acrediten o cumprimento dos requisitos de capacidade e a inexistencia de impedimentos ou a súa dispensa, de acordo co previsto legalmente. Se se cumpren os requisitos, a celebración do matrimonio civil dispón das seguintes opcións:
-
Na oficina xeral do rexistro civil, ante o/a Letrado/a da Administración de Xustiza, quen emitirá unha acta da celebración.
-
Nun concello, ante o Alcalde o Concelleiro en quen este delegue. Quen tamén emitirá unha acta da celebración.
-
Ante Notario/a, quen o fará constar en escritura pública.
Tanto as actas emitidas polo Alcalde o Concelleiro en quen delegue ou polo/a Letrado/a da Administración de Xustiza, como a escritura pública do Notario/a deberán ser asinadas, ademais de por aquel ante quen se celebra, polas persoas contraentes e dous testemuñas.
O matrimonio celebrado ante autoridade estranxeira poderá acceder ao Rexistro Civil español mediante a inscrición da certificación correspondente, sempre que teña eficacia conforme ao previsto no ordenamento xurídico.
Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar desde esta web no espazo de cita previa e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.