Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Rexistro civil

Nacionalidade


"Adquiren a nacionalidade española: todas as persoas nadas de pai ou nai españois, as persoas nadas en España de pais estranxeiros se, polo menos, un deles nacese tamén en España, as persoas nadas en España cuxa filiación non resulte determinada, entre outros supostos"

nacionalidade outorgase nos seguintes supostos:

  • Nacionalidade de orixe:
    • Todas as persoas nadas de pai ou nai españois.
    • As persoas nadas en España de pais estranxeiros se, polo menos, un deles tivese nacido tamén en España, se ambos os dous careceren de nacionalidade ou se a lexislación de ningún deles atribúe ao fillo/a unha nacionalidade. 
    • As persoas nadas en España cuxa filiación non resulte determinada. Para estes efectos, presúmense nacidas en territorio español as persoas menores de idade cuxo primeiro lugar coñecido de estancia sexa territorio español.
    • Tamén terán nacionalidade de orixe as persoas estranxeiras menores de dezaoito anos adoptadas por unha persoa española desde o mesmo momento da adopción.
  • Nacionalidade por posesión e utilización continuada durante o período de tempo que se determine legalmente, con boa fe e baseada nun título inscrito no Rexistro Civil.
  • Nacionalidade por residencia continuada en España, nas condicións que a lei estableza e mediante a concesión outorgada polo/a ministro/a de Xustiza. 
  • Nacionalidade a través do dereito de opción, para as persoas que estean ou estivesen suxeitas á patria potestade dunha persoa española, para aquelas persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente español/a e nado/a en España e para as persoas maiores de idade cuxa filiación ou adopción fose constituída ou determinada a favor dunha persoa española. 
  • Nacionalidade por carta de natureza, outorgada discrecionalmente mediante real decreto, cando na persoa interesada concorran circunstancias excepcionais.

Inscribiranse no Rexistro Civil español as declaracións e demais feitos que afecten á condición xurídica de ser español/a ou ter nacionalidade española. 

Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar desde esta web no espazo de cita previa e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.

Xunta de Galicia