Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Rexistro civil

Nome e apelidos


"Toda persoa ten dereito a un nome desde o seu nacemento e será designada e identificada polo seu nome e apelidos, correspondentes a ambos proxenitores, que a lei amparará fronte a todos"

A lexislación española establece que toda persoa ten dereito a un nome dende o seu nacemento e que será designada e identificada polo seu nome e apelidos, correspondentes a ambos os dous proxenitores, que a lei amparará fronte a todos.

Na inscrición no Rexistro Civil expresarase o nome que se dá ao nacido, se ben non poderá consignarse máis dun nome composto, nin máis de dous simples.

Quedan prohibidos os nomes que obxectivamente prexudiquen á persoa, os que fagan confusa a identificación e os que induzan a erro en canto ao sexo. Considérase que prexudican obxectivamente á persoa os nomes propios que, por se ou en combinación cos apelidos, resultan contrarios ao decoro.

substitución do nome propio polo seu equivalente onomástico en calquera das linguas españolas requirirá, se non fose notorio, que se acredite polos medios oportunos esta equivalencia e a grafía correcta do nome solicitado.

Pola súa banda, a filiación determina os apelidos. Nos supostos de nacemento cunha soa filiación recoñecida, esta determina os apelidos, podendo o proxenitor ou proxenitora que recoñeza a súa condición de tal determinar, ao tempo da inscrición, a orde dos apelidos.

A orde dos apelidos establecida para a primeira inscrición de nacemento determina a orde para a inscrición dos posteriores nacementos con idéntica filiación.

A persoa encargada do rexistro, a petición do interesado ou do seu representante legal, procederá a regularizar ortograficamente os apelidos cando a forma inscrita non se adecúe á gramática e fonética da lingua española correspondente.

Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar desde esta web no espazo de cita previa e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.

Xunta de Galicia