Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Rexistro civil

Certificacións


"Os rexistros civís españois tamén son competentes para expedir certificacións e duplicados dos datos que consten nos asentos do Rexistro Civil. Expediranse a petición da persoa interesada e gozarán da presunción de exactitude"

Os rexistros civís españois tamén son competentes para expedir certificacións e duplicados dos datos que consten nos asentos do Rexistro Civil. Expediranse a petición do interesado e gozarán da presunción de exactitude, constituíndo proba plena dos feitos e actos inscritos no Rexistro Civil.

As certificacións poden ser positivas ou negativas.

  • As certificacións positivas poden ser:
    • Literais, cando conteñan a totalidade do contido do asento ou asentos aos que se refiran.
    • En extracto, cando conteñan os datos que se determinen regulamentariamente.
  • As certificacións negativas acreditan que non consta ningún asento sobre a información solicitada.

As certificacións poden ser solicitadas pola persoa cidadá que así o requira e teña interese, salvo nos supostos nos que a normativa vixente impida que se dea publicidade sen autorización especial. A solicitude presencial deberase realizar ou dirixir ao Rexistro Civil onde se realizou a inscrición do acto. Entre as principais clases de certificacións que se poden solicitar nos rexistros civís, destacan as seguintes:

  • Certificación de nacemento: é o documento emitido polo Rexistro Civil ou consular do lugar onde se inscribiu o nacemento e dá fe do feito do nacemento, da súa data, da persoa rexistrada, da hora na que se produciu o nacemento e da filiación da persoa rexistrada. 
  • Certificación de matrimonio: é o documento expedido polo Rexistro Civil que dá fe do acto do matrimonio, as persoas contraentes, a data, hora e lugar no que aconteceu. 
  • Certificación de defunción: é o documento oficial que acredita o falecemento da persoa.
  • Certificación de fe de vida e estado: é o documento oficial que dá fe de que unha persoa está viva e cal é o seu estado civil (solteira, viúva ou divorciada). Será emitida polo Rexistro Civil, tras a comparecencia da persoa interesada.

Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar desde esta web no espazo de cita previa e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.

Xunta de Galicia