Nacementos
"A inscrición fai fe do feito, data, hora e lugar do nacemento, do sexo e, no seu caso, da filiación da persoa rexistrada."
No dereito español son inscribibles os nacementos nos que concorran as condicións establecidas na normativa vixente. A inscrición fai fe do feito, data, hora e lugar do nacemento, do sexo e, no seu caso, da filiación do inscrito.
A inscrición de nacemento realízase segundo a declaración formulada en documento oficial, asinado polos/as declarantes, acompañada do parte facultativo. En defecto deste, deberá achegarse a documentación acreditativa, segundo o establecido regulamentariamente. Nos casos de filiación adoptiva, farase constar a resolución xudicial que constitúa a adopción, quedando sometida ao réxime de publicidade restrinxida previsto na presente lei.
Os formularios de cada un dos Rexistros Civís pódense descargar desde esta web no espazo de cita previa, e deben ser cumprimentados e presentados, xunto coa documentación pertinente, ante o Rexistro Civil ou órgano competente.