Asistencia xurídica gratuíta
Destinatarios
Segundo a normativa vixente, teñen dereito á prestación da asistencia xurídica gratuíta:
- As persoas españolas, as nacionais dos demais Estados Membros da Unión Europea e, e as extranxeiras que se atopen en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar.
- As entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social.
- As seguintes persoas xurídicas cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar:
- Asociacións de utilidade pública, previstas no artigo 32 da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación
- Fundacións inscritas no rexistro administrativo correspondente.
- Na orde social, as persoas traballadoras e beneficiarias do sistema de seguridade social, tanto para a defensa en xuízo coma para o exerciciode acción para a efectividade dos dereitos laborais nos procedementos concursais. Así mesmo, o dereito á asistencia xurídica gratuíta recoñécese ás persoas traballadoras e beneficiarias da seguridade social para os litixios que sobre esta materia se tramiten ante a orde contencioso-administrativa.
- Na orde Contencioso-Administrativo, así como na vía administrativa previa, as persoas estranxeiras que acrediten insuficiencia de recursos para litigar terán dereito á asistencia letrada e á defensa e representación gratuíta nos procedementos que poidan levar á denegación da súa entrada en España, á súa devolución ou expulsión do territorio español e en todos os procedementos en materia de asilo.
- Nos litixios transfronteirizos en materia civil e mercantil, as persoas físicas contempladas no Capítulo VIII da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, nos termos que nel se establecen.
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta
- Real Decreto 996/2003, do 25 de xullo, polo que se aproba o regulamento de asistencia xurídica gratuíta
- Real Decreto 1455/2005, do 2 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta, aprobado polo Real Decreto 996/2003, do 25 de xullo
- Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia
- Orde do 18 de setembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Orde do 9 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro