Competencia para o recoñecemento do dereito
A Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta (CAJG) é o órgano responsable, no seu correspondente ámbito territorial, de efectuar o recoñecemento do dereito.
En Galicia, están constituídas sete comisións: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O funcionamento das comisións e delegacións axustarase ao establecido na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público no referente a órganos colexiados.
Os colexios da avogacía e de procuradoría poñerán ao dispor das comisións de asistencia xurídica gratuíta a lista de persoas colexiadas ejercientes adscritas aos servizos de xustiza gratuíta, con indicación das especializacións.