Asistencia xurídica gratuíta - Preguntas frecuentes
-
Asistencia xurídica gratuíta
- Marco normativo
- Destinatarios
- Insuficiencia de recursos para litixiar
- Prestacións
- Competencia para o recoñecemento do dereito
- Solicitude e procedemento
- Asistencia xurídica gratuíta - Enderezos e teléfonos
- Servizo web de asistencia xurídica gratuíta
- Asistencia xurídica gratuíta - Programa estatístico anual
- Asistencia xurídica gratuíta - Preguntas frecuentes
¿A qué da derecho el reconocimiento de la asistencia jurídica gratuita?
La concesión del derecho permite a la persona ciudadana disfrutar, principalmente de:
- Asesoramiento gratuito previo al proceso a quienes pretendan reclamar la tutela judicial de sus derechos o analizar la viabilidad de la pretensión.
- Asistencia de abogado/a al detenido/a o preso/a para cualquier diligencia policial o en su primera comparecencia ante un órgano jurisdiccional.
- Defensa y representación gratuitas por abogado/a y procurador/a en el procedimiento judicial.
- Inserción gratuita de anuncios o edictos, en el curso del proceso, que preceptivamente deban publicarse en periódicos oficiales.
- Exención del pago de depósitos necesarios para la interposición de recursos.
- Asistencia pericial gratuita en el proceso a cargo del personal técnico adscrito a los órganos jurisdiccionales o servicios técnicos dependientes de las Administraciones públicas.
- Obtención gratuita de copias, testimonios, instrumentos y actas notariales cuando tengan relación directa con el proceso.
- Reducción del 80 % de los derechos arancelarios que correspondan por el otorgamiento de escrituras públicas cuando tengan relación directa con el proceso.
Estos beneficios se extenderán a la ejecución de la sentencia y a la apelación del litigio en segunda instancia por otro tribunal, siempre que se trate del mismo proceso judicial.
Cabe algunha actuación no suposto de denegación do dereito ou non conformidade coa concesión da asistencia xurídica gratuíta?
Si, poderán impugnar as resolucións de concesión ou denegación do dereito á asistencia xurídica gratuíta todas aquelas persoas que teñan un interese lexítimo e realicen a impugnación no prazo de 5 días ante a secretaría da comisión de asistencia xurídica gratuíta que ditou a resolución. A comisión remitirá o expediente ao tribunal competente para que este resolva.
O/A xuíz/a ou tribunal, recibido o escrito de impugnación e a documentación, citará a unha comparecencia ás partes e á avogacía da comunidade autónoma ou do Estado e, tras oílos e practicar a proba que estime pertinente, ditará un auto mantendo ou revogando a resolución impugnada. Contra o devandito auto non caberá recurso ningún.
En que supostos pode unha persoa estranxeira obter o beneficio da asistencia xurídica gratuíta?
As persoas estranxeiras que soliciten o beneficio da asistencia xurídica gratuíta, ademais de cumprir os requisitos xerais, deben estar comprendidas nalgún dos seguintes supostos:
- Ser residentes legais en España.
- Sendo persoas sen autorización de residencia, terán dereito á asistencia letrada e á defensa e representación gratuítas na orde xurisdicional penal e na orde contencioso-administrativa, así como na vía administrativa previa, en todos aqueles procesos relativos á súa solicitude de asilo.
No suposto de necesidade de emendar algún documento ou deficiencia, cal é o procedemento?
No caso de que o colexio de avogados/as estime que na solicitude existan deficiencias ou que a documentación presentada resulta insuficiente, comunicarallo á persoa interesada para que a aclare ou complete no prazo de 10 días.
Así mesmo, unha vez recibido o expediente pola comisión de xustiza gratuíta competente, se estima que se debe achegar documentación complementaria, poderá acordar o seu requirimento á persoa interesada para que no prazo de dez días achegue os datos e documentos que considere imprescindibles para valorar a solicitude.
Onde se pode realizar a solicitude do dereito á asistencia xurídica gratuíta?
O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta instarase polas persoas solicitantes ante o colexio de avogados/as do lugar en que se atope o órgano xudicial que ha de coñecer do proceso principal para o que se solicita este dereito, ou á oficina xudicial do seu domicilio. Neste último caso, o órgano xudicial dará traslado da petición ao colexio de avogados/as territorialmente competente.
Os impresos de solicitude facilitaranse nas oficinas xudiciais, nos servizos de orientación xurídica dos colexios de avogados/as e na propia sede das comisións de asistencia xurídica gratuíta. Tamén se pode descargar o modelo da solicitude a través deste portal.
A solicitude inicial realizarase mediante o modelo normalizado de escrito, que se cumprimentará na súa integridade, se asinará pola persoa peticionaria e se entregará nos lugares antes indicados.
Que función teñen os servizos de orientación xurídica?
Os servizos de orientación xurídica (SOX) dependen dos diferentes colexios de avogados/as de Galicia e teñen a principal función de informar, asesorar e facilitar o acceso das persoas interesadas ao dereito de asistencia xurídica gratuíta. En tal sentido, realizarán os seguintes labores:
- Facilitar información sobre os requisitos necesarios para a obtención do dereito de xustiza gratuíta.
- Proporcionar os impresos de solicitude do dereito e informar sobre a súa correcta cumprimentación.
- Ofrecer asesoramento ás persoas interesadas sobre a viabilidade das súas pretensións.
- Requirir a documentación preceptiva e a emenda de deficiencias.
- Realizar a tramitación das solicitudes á comisión de asistencia xurídica gratuíta correspondente.
- Xestionar e coordinar cos colexios de avogados/as e de procuradores/as as designacións do/a avogado/a e do/a procurador/a de oficio.
Quen concede ou denega a asistencia xurídica gratuíta?
Este dereito será concedido ou denegado pola comisión de asistencia xurídica gratuíta territorial competente. Unha vez que esta efectúe as comprobacións correspondentes, ditará resolución recoñecendo ou denegando o dereito á asistencia xurídica gratuíta.
As Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta (CAXG), son órganos administrativos nos que están representados a Xunta de Galicia, a Fiscalía e os colexios de avogados/as e de procuradores/as de Galicia.
En Galicia están constituídas sete comisións: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Quen realiza o pagamento dos honorarios do/a avogado/a e procurador/a de oficio?
O pagamento dos servizos profesionais prestados polos/as avogados/as e procuradores/as da quenda de oficio en materia de xustiza gratuíta é asumido pola Xunta de Galicia, a través do órgano competente en materia de xustiza.
O gasto será a cargo do presuposto anual establecido para prestar o servizo público da asistencia xurídica gratuíta.
Que requisitos debe cumprir unha persoa solicitante de asistencia xurídica gratuíta?
Ser cidadán/a español, nacional dun dos demais estados membros da Unión Europea ou persoa estranxeira que se encontre en España.
Acreditar insuficiencia de recursos para litigar:
Teñen dereito á prestación da asistencia xurídica gratuíta todas aquelas persoas físicas que, carecendo de patrimonio suficiente, conten cuns recursos e ingresos económicos brutos, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen os seguintes límites (art. 3 da lei):
- Dúas veces o IPREM (12.780,26 €): unha persoa non integrada nunha unidade familiar.
- Dúas veces e media o IPREM (15.975,33 €): unidade familiar de 2 ou 3 persoas.
- O triplo do IPREM (19.170,39 €): unidade familiar integrada por 4 ou máis membros.
As contías anteriores están calculadas para o IPREM de 6.390,13 € fixado para o ano 2013 na lei de orzamentos xerais do estado para dito período.
Esta regra xeral ten algunhas excepcións como as circunstancias familiares, ser vítima de violencia de xénero, ter minusvalía ou ser persoa xurídica entre outros, en cuxo caso se aplicarán criterios diferentes.
Que sucede se os datos ou a documentación achegados para a obtención da xustiza gratuíta son erróneos ou falsos?
Os supostos de presentación de documentación ou declaracións falsas ou erróneas ou de falseamento, ocultación ou manipulación dos datos que fosen determinantes para o recoñecemento da asistencia xurídica gratuíta darán lugar á revogación deste dereito.
A revogación levará consigo o deber do pagamento de todos os honorarios do/a avogado/a e procurador/a producidos desde a concesión do dereito, así como a cantidade equivalente do custo das demais prestacións obtidas en razón de dita concesión, sen prexuízo das responsabilidades penais que correspondan.
Que tipo de persoas xurídicas poden obter o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta?
Como persoas xurídicas, e sempre que acrediten insuficiencia de recursos para litigar, soamente poderán optar a este dereito as asociacións de utilidade pública e as fundacións inscritas no rexistro administrativo correspondente.
As empresas ou entidades con ánimo de lucro non poden obter o beneficio da asistencia xurídica gratuíta.
A notificación tense que facer por algún medio que deixe constancia da súa recepción, como por exemplo por correo certificado con acuse de recibo?
Non. As comunicacións fanse por correo electrónico ou, excepcionalmente, se a vítima non dispuxese dun enderezo de correo electrónico, remitiranse por correo ordinario ao enderezo que facilitase.
No caso de persoas residentes fóra da Unión Europea, se non se dispuxese dun enderezo de correo electrónico ou postal no que realizar a comunicación, remitirase á oficina diplomática ou consular española no país de residencia para que a publique.