Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Asistencia xurídica gratuíta

Prestacións


"Defensa e representación gratuítas por avogado/a e procurador/a no procedemento xudicial, cando a intervención destas persoas profesionais sexa legalmente preceptiva"

Esta materia é obxecto de exame no artigo 6 da Lei, no que se enumeran as seguintes prestacións:

  • Asesoramento e orientación gratuítos previos ao proceso a quen pretenda reclamar a tutela xudicial dos seus dereitos e intereses, así como información sobre a posibilidade de recorrer á mediación ou outros medios extraxudiciais de solución de conflitos, nos casos non prohibidos expresamente pola lei, cando teñan por obxecto evitar o conflito procesual ou analizar a viabilidade da pretensión.
    Cando se trate de vítimas de violencia de xénero, de terrorismo e de trata de seres humanos, así como de menores de idade e as persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, nos termos establecidos na letra g) do artigo 2, a asistencia xurídica gratuíta comprenderá asesoramento e orientación gratuítos no momento inmediatamente previo á interposición da denuncia ou querela.
    Esta función é desenvolvida polos servizos de orientación xurídica (SOX) dos respectivos colexios de avogados/as da nosa comunidade autónoma.
  • Asistencia de avogado/a á persoa detida, presa ou imputada que non o designara, para calquera dilixencia policial que non sexa consecuencia dun procedemento penal en curso ou na súa primeira comparecencia ante un órgano xurisdicional, ou cando esta se leve a cabo por medio de auxilio xudicial e a persoa detida, presa ou imputada non designara avogado/a no lugar onde se preste. Igualmente será de aplicación dita asistencia letrada á persoa reclamada e detida como consecuencia dunha orde de detención europea que non designara avogado/a.
    Non será necesario que a persoa detida, presa ou imputada acredite previamente carecer de recursos, sen prexuízo de que se non se lle recoñece con posterioridade o dereito á asistencia xurídica gratuíta, deba abonar ao/á la avogado/a os honorarios devindicados pola súa intervención.
  • Defensa e representación gratuítas por avogado/a e procurador/a no procedemento xudicial, cando a intervención destes profesionais sexa legalmente preceptiva ou cando, non séndoo, se dea algunha das seguintes circunstancias:
    a)    A súa intervención sexa expresamente requirida polo xulgado ou tribunal mediante auto motivado para garantir a igualdade das partes no proceso.
    b)    Tratándose de delitos leves, a persoa fronte á que se dirixe o proceso penal exercitara o seu dereito a estar asistido de avogado/a e así se acorde polo xulgado ou tribunal, en atención á entidade da infracción de que se trate e as circunstancias persoais do solicitante da asistencia xurídica.
  • Inserción gratuíta de anuncios ou edictos, no curso do proceso, que preceptivamente deban publicarse nos xornais oficiais.
  • Exención do pagamento das taxas xudiciais e dos depósitos necesarios para a interposición de recursos.
  • Asistencia pericial gratuíta no proceso a cargo do persoal técnico adscrito aos órganos xurisdicionais, ou, no seu defecto, a cargo de funcionarios, organismos ou servizos técnicos dependentes das Administracións públicas.
    Excepcionalmente e cando por inexistencia de técnicos/as na materia de que se trate, non for posible a asistencia pericial de peritos/as dependentes dos órganos xurisdicionais ou das Administracións públicas, esta levarase a cabo, se o/a Xuíz/a o el Tribunal o estima pertinente, en resolución motivada, a cargo de peritos/as designados de acordo ao que se establece nas leis procesuais, entre os/as técnicos/as privados/as que correspondan.
    O/A Xuíz/a ou Tribunal poderá acordar en resolución motivada que a asistencia pericial especializada gratuíta se leve a cabo por profesionais técnicos privados cando deba prestarse a menores e persoas con discapacidade psíquica que sexan vítimas de abuso o maltrato, atendidas as circunstancias do caso e o interese superior da persoa menor ou con discapacidade, podendo prestarse de forma inmediata.
  • Obtención gratuíta de copias, testemuños, instrumentos e actas notariais, nos termos previstos no artigo 130 do Regulamento Notarial.
  • Redución do 80% dos dereitos arancelarios que correspondan polo outorgamento de escrituras públicas y pola obtención de copias e testemuños notariais non contemplados no número anterior, cando teñan relación directa co proceso e sexan requiridos polo órgano xudicial no curso do mesmo, ou sirvan para a fundamentación da pretensión da persoa beneficiaria da xustiza gratuíta.
  • Redución do 80% dos dereitos arancelarios que correspondan pola obtención de notas, certificacións, anotacións, asentos e inscricións nos Rexistros da Propiedade e Mercantil, cando teñan relación directa co proceso e sexan requiridos polo órgano xudicial no curso do mesmo, ou sirvan para a fundamentación da pretensión da persoa beneficiaria da xustiza gratuíta.
  • Os dereitos arancelarios aos que se refiren os apartados anteriores non se percibirán cando la persoa interesada acredite ingresos por debaixo do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), cuxa contía no 2025 é de 7.200 euros anuais.
  • A asistencia gratuíta de profesional da avogacía en calquera dos medios adecuados de solución de controversias permitidos pola lei que teña por obxecto dar cumprimento ao requisito de procedibilidade disposto no artigo 5 da Lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza, cando no eventual proceso xudicial la intervención deste profesional sexa legalmente preceptiva ou cando, non séndoo, a parte contraria actúe con el.

Ligazóns relacionadas

Xunta de Galicia