Servizos de garda
Todos os colexios da avogacía teñen establecidos uns servizos de garda que garante a asistencia e defensa á persoa detida durante a detención e a realización das primeiras dilixencias de instrución criminal que resulten procedentes, así como para a asistencia letrada a quen se lle atribúa un delito nun atestado policial, fose detida ou detido ou non.
Estes servizos de garda débense prestar con periodicidade diaria, e débense incorporar a estes, en situación de dispoñibilidade ou de presenza física, todas as persoas letradas que o integren, conforme ao réxime establecido polo colexio respectivo. Excepcionalmente, naqueles colexios nos que a reducida dimensión das súas actividades ou outras características así o aconsellen, poderase establecer servizos de garda con diferente periodicidade.
Con carácter de especialidade, para a orientación xurídica, defensa e asistencia letrada inmediata das mulleres vítimas de violencia de xénero débese establecer en cada colexio da avogacía unha garda de dispoñibilidade constituída por persoas letradas especializadas na defensa das vítimas de violencia de xénero.
O réxime de gardas, así como o número de persoas letradas que integran cada servizo de garda determinarase en función do volume delitigiosidad, ámbito territorial, características xeográficas ou situación e distancia dos centros de detención.
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta
- Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia
- Orde do 18 de setembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Orde do 9 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro