Servizos de orientación
Todos os colexios da avogacía dispoñen dun servizo de orientación xurídica (SOX), para asesorar e orientar ás persoas peticionarias de asistencia xurídica gratuíta. Este servizo facilita ás persoas solicitantes a información necesaria sobre os requisitos para a súa concesión, así como o auxilio na redacción dos impresos de solicitude. Este asesoramento ten, en todo caso, carácter gratuíto para as persoas solicitantes.
As solicitudes iniciais de recoñecemento de asistencia xurídica gratuíta débense realizar mediante o modelo normalizado establecido. Os impresos de solicitude facilitaranse nas oficinas xudiciais, na propia sede das comisións de asistencia xurídica gratuíta, a través do modelo facilitado neste portal e nos propios SOX dos diferentes colexios da avogacía de Galicia:
| Provincia | SOX | Dirección |
|---|---|---|
| A Coruña | SOX Colexio da Avogacía da Coruña |
Federico Tapia, 11 baixo 15007 A Coruña Telf.: 981 126 090 Fax.: 981 120 480 |
|
Edificio Novos Xulgados. R/ Monforte s/n 15007 A Coruña Tel.: 981 185 179 Fax.: 981 185 199 |
||
| SOX Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela |
R/ Eduardo Pondal nº 4 (baixo) 15072 Santiago de Compostela Telf.: 981 581 713 Fax.: 981 581 132 |
|
| SOX Colexio da Avogacía de Ferrol |
Palacio de Justicia. R/ Coruña s/n (baixo-dereita) 15402 Ferrol Telf.: 981 354 705 Fax.: 981 355 224 |
|
| Lugo | SOX Colexio da Avogacía de Lugo |
Palacio de Xustiza. Avenida Rodríguez Mourelos s/n 27002 Lugo Telf.: 982 221 997 |
|
R/ Pascual Veiga nº 2 27002 Lugo Telf.: 982 241 007 Fax.:982 241 390 |
||
| Ourense | SOX Colexio da Avogacía de Ourense |
R/ Concejo nº 22 32003 Ourense Telf.: 988 370 746 Fax.: 988 370 962 |
| Pontevedra | SOX Colexio da Avogacía de Pontevedra |
Avenida Reina Victoria, 9 36001 Pontevedra Telf.: 986 899 866 Fax.: 986 859 202 |
| SOX Colexio da Avogacía de Vigo |
Edificio Plaza de América nº 2 - 1º 36211 Vigo Telf.: 986 208 111 Fax.: 986 200 003 |
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta
- Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia
- Orde do 18 de setembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Orde do 9 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro