Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Colexios profesionais

Queixas, denuncias e responsabilidade patrimonial


As queixas ou denuncias formuladas polas persoas usuarias como consecuencia das actuacións das persoas profesionais encargadas dos servizos colexiais de asistencia xurídica gratuíta, sen prexuízo daquelas actuacións xudiciais que resultaren procedentes, son trasladadas polas comisións de asistencia xurídica gratuíta aos colexios profesionais correspondentes ao seu ámbito territorial.

Os colexios estarán obrigados a comunicar ás citadas comisións as diferentes resolucións e medidas adoptadas como consecuencia dos expedientes disciplinarios que, se é o caso, fosen incoados.

No que afecta ao funcionamento dos servizos de asistencia xurídica gratuíta, os colexios da avogacía e de procuradoría estarán suxeitos aos mesmos principios de responsabilidade patrimonial establecidos para as Administracións públicas pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Xunta de Galicia