Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Asistencia xurídica gratuíta

Comisións de asistencia xurídica gratuíta de Galicia


As comisións de asistencia xurídica gratuíta (CAXG) son órganos colexiados mixtos nos que participan representantes da Administración autonómica, do Ministerio Fiscal e dos colexios profesionais de avogados/as e procuradores/as. Están adscritas á Dirección Xeral de Xustiza, o órgano que ten atribuídas as competencias en materia de xustiza en Galicia.

En Galicia están constituídas sete comisións de asistencia xurídica gratuíta: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Cando o volume de asuntos que soporta unha comisión o xustifique, poderán crearse delegacións. A coordinación corresponde á Dirección Xeral de Xustiza.

As comisións de asistencia xurídica gratuíta informarán á Dirección Xeral de Xustiza sobre o seu funcionamento, facilitando os datos e as estatísticas que se lles requiran, e propoñerán as actuacións que consideren necesarias para o correcto funcionamento do servizo de asistencia xurídica gratuíta.

Así mesmo, corresponde á Dirección Xeral de Xustiza a dirección funcional e a coordinación dos servizos e unidades administrativas respecto das funcións de soporte administrativo das comisións de asistencia xurídica gratuíta.

Ligazóns relacionadas

Xunta de Galicia