Composición, funcións e indemnizacións
As comisións de asistencia xurídica gratuíta están compostas polos seguintes membros, entre os que se designará un/ha presidente/a e un/ha secretario/a:
- Un/ha representante do Ministerio Fiscal, cuxa designación corresponde ao/á Fiscal Xefe da fiscalía provincial ou, no seu caso, a fiscalía de área.
- Un/ha representante do colexio de avogados/as do ámbito territorial correspondente. En caso de que haxa máis dun colexio de avogados/as no devandito ámbito, designarase de común acordo entre os/as decanos/as dos colexios respectivos; no seu defecto, o nomeamento corresponde ao Consello da Avogacía Galega..
- Un/ha representante do colexio de procuradores/as dos tribunais do ámbito territorial correspondente. En caso de que haxa máis dun colexio de procuradores/as no devandito ámbito, designarase de común acordo entre os/as decanos/as dos colexios respectivos; no seu defecto, o nomeamento corresponde ao Consello Galego de Procuradores/as dos Tribunais.
- Dous/Dúas funcionarios/as da Xunta de Galicia: un/ha deberá pertencer á consellería competente en materia de xustiza, a corpos ou escalas do grupo A e ter a licenciatura en dereito. Este/a será designado pola Dirección Xeral de Xustiza. O/A outro/a será un/a letrado/a da Xunta de Galicia designado/a pola Dirección Xeral da Asesoría Xurídica.
Funcións
As principais funcións das comisións de asistencia xurídica gratuíta son:
- Recoñecer ou denegar o dereito á asistencia xurídica gratuíta, confirmando ou modificando, se é o caso, as decisións previamente adoptadas polos colexios profesionais.
- Revogar as súas resolucións firmes denegatorias do dereito de conformidade co previsto na lexislación vixente.
- Acordar o acceso ás bases de datos das administracións públicas e efectuar as comprobacións e solicitar a información de calquera tipo de administración, institución ou entidade que, ao longo da tramitación das solicitudes de asistencia xurídica gratuíta, se considere necesaria.
- Recibir e trasladar ao órgano xudicial correspondente o escrito de impugnación das resolucións definitivas adoptadas pola comisión.
- Tramitar as comunicacións relativas á insostibilidade da pretensión presentadas polos/as avogados/as.
- Comunicar aos colexios profesionais as queixas ou denuncias formuladas como consecuencia das actuacións relacionadas cos servizos de asistencia xurídica gratuíta, naqueles casos nos que tales iniciativas non se propuxeran directamente ante os colexios.
Indemnización por asistencias ás comisións
A asistencia ás reunións das comisións de asistencia xurídica gratuíta xera un dereito de indemnización, de acordo coas condicións establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.
O abono das indemnizacións corresponde á Dirección Xeral de Xustiza.
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta
- Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia
- Orde do 18 de setembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Orde do 9 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro
- Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia
- Decreto 96/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia
- Corrección de erros do Decreto 96/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia
- Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia
- Resolución do 20 de xuño de 2008 pola que se dá publicidade ao acordo do Conselo da Xunta de Galicia, do 19 de xuño de 2008, polo que se actualizan os importes previstos no anexo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia