Colexios profesionais
Os colexios profesionais de avogadas e avogados e procuradoras e procuradores regulan e organizan, a través das súas xuntas de goberno, os servizos de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas para os que soliciten avogada ou avogado de oficio en calquera xurisdición ou non designen avogada ou avogado na xurisdición penal.
Deben garantir, en todo caso, a súa prestación continuada, atendendo a criterios de funcionalidade e de eficiencia na aplicación dos fondos públicos postos á súa disposición e, cando o censo de profesionais o permita, a especialización por ordes xurisdicionais.
"Os colexios profesionais deben establecer sistemas de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios para a designación das persoas profesionais de oficio"
Paralelamente, os colexios profesionais deben establecer sistemas de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios para a designación dos profesionais de oficio. Os devanditos sistemas serán públicos para todas as persoas colexiadas e poderán ser consultados polas persoas solicitantes de asistencia xurídica gratuíta.
Os colexios da avogacía, salvo aqueles nos que pola reducida dimensión da actividade non sexa necesario, constituirán quendas de garda permanente para a prestación do servizo de asistencia letrada ao detido ou detida.
En materia de asistencia xurídica gratuíta, os colexios profesionais prestan os seguintes servizos:
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta
- Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia
- Orde do 18 de setembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Orde do 9 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro