Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Participación no tribunal do xurado

Deliberación


A deliberación comeza coa impartición de instrucións ás persoas membros do xurado por parte do/a presidente/a, en audiencia pública, sobre as regras que rexen a deliberación e votación e a forma na que deben reflectir o veredicto.

Tamén se entregará ás persoas membros do xurado o escrito obxecto do veredicto que contén información sobre a natureza dos feitos sobre os que versase a discusión, a ilicitude ou nulidade de medios probatorios, as circunstancias constitutivas do delito imputado, as persoas acusadas e as circunstancias de exención ou modificación da responsabilidade.

Seguidamente, o xurado retirarase á sala destinada para a deliberación onde elixirán á persoa voceira do xurado popular. A deliberación será secreta e a porta pechada, sen que ningunha persoa membro do xurado poida revelar o manifestado nela, e non terán permitida a comunicación con ningunha persoa ata que emitisen o veredicto.

A deliberación finaliza coa votación sobre se se estiman probados ou non os feitos xulgados e sobre a culpabilidade ou inculpabilidade da/s persoa/s acusada/s por cada delito imputado. Para iso, a votación será sempre nominal, en voz alta e por orde alfabética, votando en último lugar a persoa voceira. Ningún xurado poderá absterse de votar.

Para saber máis...

Xunta de Galicia