Constitución do tribunal do xurado
O/A cidadán/á que foi citado/a para participar no tribunal do xurado debe identificarse na audiencia provincial co DNI e coa cédula de citación ante o persoal de auxilio xudicial ou ante o servizo de información, onde se lle indicará a sala onde pode esperar cos demais candidatos a xurados.
Unha vez na sala onde se celebrará o xuízo, o/a maxistrado/a presidente, o/a fiscal e os/as avogados/as intervenientes faranlle preguntas para indagar se concorre nel/a algunha causa que lle inhabilite para actuar como xurado nese xuízo.
Unha vez realizado o interrogatorio e excluídas, no seu caso, aquelas persoas candidatas nas que concorra algunha causa que as inhabilite para ser membro do xurado, procédese a elixir por sorteo, entre as non excluídas, aos 9 membros do xurado máis dous suplentes, por se algunha das persoas seleccionadas é incapacitada durante o xuízo.
Constitución
Tras o sorteo e a elección dos 9 membros do xurado e os 2 suplentes, as persoas elixidas poderán ser interrogadas de novo polo/a presidente/a, o/a fiscal e os/as avogados/as. Este interrogatorio versará sobre as súas circunstancias persoais e ten como finalidade primordial coñecer a súa actitude favorable ou contraria á persoa acusada e ao tipo de delito presuntamente cometido por el/a.
Trátase de conformar un tribunal do xurado obxectivo, imparcial e independente. Á celebración do xuízo tamén terán que asistir as dúas persoas elixidas como suplentes.
Unha vez que o tribunal se constitúa, procederase a recibir xuramento ou promesa ás persoas designadas como xurados. Ninguén poderá exercer as funcións de xurado sen prestar o xuramento ou promesa indicados. O tribunal estará presidido polo/a maxistrado/a.