Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Tribunal do xurado

Retribucións e indemnizacións


"A lei establece que o desempeño da función do xurado será retribuída e indemnizada na forma e contía que regulamentariamente se determine e terá a consideración dun deber inescusable de carácter público e persoal"

Aloxamento e manutención

O aloxamento das persoas candidatas a xurado unicamente procederá nos supostos nos que, a xuízo do/a presidente/a, se entenda xustificado pasar a noite fóra do municipio no que radique a súa residencia habitual. En ningún caso se facilitará o aloxamento as persoas candidatas a xurado veciñas do municipio sede da capital da provincia.

Igualmente, no suposto de necesidade de facilitar aloxamento ás persoas membros do xurado durante a celebración do xuízo oral ou á vista da duración da deliberación, estarase ao que o/a presidente/a dispoña. En ambos os dous casos, as persoas candidatas e as persoas elixidas como xurado terán dereito a percibir as seguintes cantidades máximas diarias:

  • Aloxamento, incluído o almorzo: 65,97 euros
  • Comida: 18,70 euros
  • Cea: 18,70 euros

Documentos relacionados

Para saber máis...

Xunta de Galicia