Rexistro de parellas de feito
Procedemento de solicitude e rexistro
"O rexistro cualificará as solicitudes, a acreditación dos requisitos esixidos pola lei e a legalidade dos dereitos e obrigas contidos nos pactos. Efectuará unha proposta de resolución na que acordará practicar ou denegar a inscrición"
O procedemento de solicitude e rexistro das parellas de feito conta cas seguintes fases:
- Presentación e admisión da solicitude: o rexistro onde se curse a entrada da solicitude fará constar nela a data e a hora da presentación, que determinará o inicio do cómputo do prazo de resolución. Seguidamente, ao/á solicitante expediráselle un xustificante da presentación.
- Emenda de defectos: Se a solicitude presentada contivese algún defecto emendable, ou se non se achegase algún dos documentos necesarios, requirirase ao/á solicitante para que emende a falta no prazo regulamentario establecido.
- Tramitación da solicitude: A tramitación das solicitudes presentadas ante o rexistro de parellas de feito rexerase polas determinacións contidas Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
- Cualificación de solicitudes e proposta de resolución: O rexistro cualificará as solicitudes presentadas, a acreditación dos requisitos esixidos pola lei e a legalidade dos dereitos e obrigas contidos nos pactos. Efectuará unha proposta de resolución na que acordará practicar ou denegar a inscrición ou, no seu caso, arquivar a solicitude.
- Resolución das solicitudes e notificación: O delegado provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza resolverá a inscrición solicitada no prazo de tres meses, a contar dende a data na que a solicitude tivese entrada no devandito centro. As resolucións serán notificadas á parella solicitante na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas .
- Medios de impugnación: As resolucións ditadas pola delegación provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza serán susceptibles de recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza.
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regúlase o rexistro de parellas de feito de Galicia
- Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (modifica aspectos puntuais do Decreto 248/2007 e aproba os novos formularios)
- Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas