Actos inscribibles e lugares de presentación
"Pódense inscribir as declaracións de constitución, modificación e extinción das parellas de feito e os pactos que as persoas membros consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción"
No rexistro de parellas de feito de Galicia pódense inscribir, de xeito gratuíto:
- As declaracións de constitución, modificación e extinción das parellas de feito.
- Os pactos que as persoas membros da parella de feito consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción.
As solicitudes de inscrición, cancelación, incorporación ou modificación de pacto e certificación que se formulen ante o rexistro deberán axustarse aos formularios previstos especificamente.
Lugares de presentación
Calquera das solicitudes se presentará ante a delegación provincial da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, correspondente ao domicilio da parella de feito.
Tamén se poderán presentar en calquera dos lugares establecidos para presentación de solicitudes pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, en cuxo caso a tramitación da solicitude e os efectos da inscrición só se producirán respecto á documentación que tivese entrada efectiva no rexistro de parellas de feito e desde a data na que tivese acceso a este.
| Provincia | Xefatura territorial. Departamento | Enderezo | Cita previa |
|---|---|---|---|
| A Coruña | Servizo de xestión técnico-administrativa | Praza Luis Seoane, s/n 15008 A Coruña Telf.: 981 185 974 Fax.: 881 881 084 Correo-e: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es |
Non |
| Lugo | Servizo de xustiza e administración local | Ronda da Muralla,nº 70 27071 Lugo Telf.: 982 294 303 |
Non |
| Ourense | Servizo de xestión técnico-administrativa | Avda. da Habana, nº 79 - 6º 32004 Ourense Telf.: 988 386 931 Fax: 988 386 384 |
Non |
| Pontevedra | R/ Fernández Ladreda nº 43-andar 9 36003 Pontevedra Telf.: 986 805 312 Fax: 986 805 299 |
Non |
Ligazóns relacionadas
Para saber máis...
- Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regúlase o rexistro de parellas de feito de Galicia
- Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (modifica aspectos puntuais do Decreto 248/2007 e aproba os novos formularios)