Mediación intraxudicial civil e mercantil
"A mediación está construída arredor da intervención dun profesional neutral que facilita a resolución do conflito polas propias partes dunha forma equitativa"
A Lei 5/2012, do 6 de xullo, regula a mediación en asuntos civís e mercantís incorporando ao dereito español a Directiva 2008/52/CE, que aprobou para o ámbito europeo o establecemento da mediación como medida para a resolución de asuntos civís e mercantís, de entre outros incluídos na denominada ADR (Alternative Dispute Resolution).
Entre as vantaxes da mediación cómpre destacar a súa capacidade para dar solucións prácticas, efectivas e rendibles a determinados conflitos en asuntos civís e mercantís entre partes, o que a configura como unha alternativa ao proceso xudicial ou á vía arbitral, dos que se debe deslindar con claridade. A mediación está construída arredor da intervención dun profesional neutral que facilita a resolución do conflito polas propias partes dunha forma equitativa, permitindo o mantemento das relacións subxacentes e conservando o control sobre o final do conflito.
A tal fin, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ten establecido un marco estable de colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial e coa de Cámaras de Comercio, co fin de potenciar e consolidar a mediación extraxudicial como modalidade alternativa de solución de conflitos.
Servizos de mediación na xurisdición civil e mercantil:
- Consello Galego de Cámaras de Comercio
Tfno. 981 596 120
administracion@camaras-galicia.com