Institucións xurídico-privadas no medio rural
Arrendamentos rústicos
Arrendamento de lugar acasarado
Trátase dun contrato de arrendamento do conxunto de elementos que forman o lugar acasarado: a casa de labor, edificacións, dependencias e terreos, aínda que non sexan lindeiros, así como toda clase de gando, maquinaria, apeiros de labranza e instalacións que constitúan unha unidade orgánica de explotación agropecuaria, forestal ou mixta.
Arrendamentos rústicos históricos
As parzarías
As parzarías son aqueles contratos polos que unha das partes cede a outra o desfrute de certos bens, convindo en repartir en partes alícuotas os froitos ou rendementos que produzan. Existen os seguintes tipos de parzaría: agrícola, de lugar acasarado, pecuaria e forestal de novas plantacións.
A compañía familiar galega
A compañía familiar galega, coñecida tamén como compañía familiar, sociedade galega e sociedade de familias, consiste naquela asociación entre labradores/agricultores con vínculos de parentesco entre eles, para vivir xuntos e explotar en común terras, lugar acasarado ou explotacións pecuarias de calquera natureza pertencentes a todos ou algún dos reunidos.
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de Autonomía de Galicia
- Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia
- Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia
- Decreto 330/1999, do 9 de decembro, polo que se establecen as unidades mínimas de cultivo para o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da lei de concentración parcelaria para Galicia
- Lei 5/2005, do 25 de abril, reguladora do recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia
- Lei 6/2005, do 7 de decembro, pola que se modifica a Lei 3/1993, do 16 de abril, das parzarías e dos arrendamentos rústicos históricos de Galicia