Dereitos reais
Montes veciñais en man común
Montes abertais
Son montes abertais, de voces, de varas ou de fabeo, os conservados pro indiviso, nos cales os seus copropietarios teñen ou manteñen o costume de reunirse para repartirse entre si porcións determinadas de monte ou sernas para o aproveitamento privativo destas, cuxa asignación se fai por lotes decididos a sorte.
Agras e vilares
Muíños de herdeiros
Son aqueles muíños de propiedade común indivisible dedicados a moer grans para consumo familiar e alimentación do gando dos seus copropietarios, calquera que sexa a súa orixe e estado de conservación.
Servidume de paso
É o dereito a pasar polo predio servente a un terreo que está situado entre outro ou otros non tendo acceso abondo a un camiño público transitable para satisfacer as necesidades permanentes de acceso, uso e desfrute do predio ou terreo.
Serventía
O paso ou camiño privado de titularidade común que se efectúa sobre un terreo que non teña carácter público e do que non conste o dominio ou identidade individualizada dos que o utilizan será considerado serventía, calquera que sexa o que cada un dos usuarios ou causantes cedera para a súa constitución ou establecemento.
Cómaro, ribazo ou arró
O cómaro, ribazo ou arró é unha especie de cerco, terraza ou muro de separación no terreo que se dá en terreos lindeiros situados a distinto nivel, salvo proba en contrario, estes formarán parte do predio situado no plano superior.
Para saber máis...
- Constitución española
- Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de Autonomía de Galicia
- Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia
- Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común
- Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común
- Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da lei de concentración parcelaria para Galicia
- Lei 5/2005, do 25 de abril, reguladora do recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia