Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Institucións do dereito civil galego

Dereitos das persoas


Protección de menores

A Xunta de Galicia exercerá, a través do organismo competente, a protección das persoas menores que residan ou se encontren en Galicia, adoptando diferentes medidas en materia de desamparo, tutela e garda administrativa, medidas de protección do menor, acollemento, etc. que garantan e fagan respectar os diferentes dereitos de todos os menores que residan en Galicia.

Adopción

O dereito civil galego establece diferentes medidas sobre as persoas que poden adoptar e ser adoptadas e sobre a constitución e eficacia da adopción.

Autotutela

En previsión dunha eventual incapacidade, calquera persoa maior de idade poderá designar en escritura pública a persoa ou persoas, físicas ou xurídicas, para que exerzan o cargo de titor. Do mesmo modo, poderá nomear substitutos dos designados para exercer a tutela e excluír determinadas persoas para o cargo.

Situación de ausencia non declarada

Atópanse en situación de ausencia non declarada a persoa cuxo paradoiro se ignora ou aquela que non pode localizarse de modo transitorio.

A situación de ausencia efectiva do domicilio habitual poderá acreditarse mediante acta de notoriedade tramitada por notario hábil, na cal se fará constar a persoa á que corresponde a representación e defensa dos intereses do ausente.

Xunta de Galicia