Preguntas frecuentes
Como solicito a alta no grupo de TT de eFidelius?
Cubrindo e enviando un formulario de solicitude de alta asinado polo responsable da administración pública solicitante ao correo que se indica no propio modelo, indicando o responsable ao que se lle deberán proporcionar os datos precisos para o acceso ás descargas.
A alta no grupo implica a instalación de eFidelius?
Non, a alta no grupo permite o acceso ás descargas relacionadas coa aplicación, así como a inclusión do correo do usuario responsable la listaxe de difusión das novidades da aplicación.
Que requisitos técnicos require a instalación de eFidelius?
Os requisitos mínimos das máquinas para o uso de eFidelius son, atendendo á súa configuración como servidores de sala, sede ou central, os seguintes:
CENTRAL/SEDE: Sistema Operativo: Linux Red Hat 6.5 Enterprise (rhel-server-6.5-x86_64) Windows 2008 Server R2Std Servidor de Aplicacións WEB: Apache-Tomcat 7.0.42 JBoss Application Server EAP 6.2.0 GA Sistema Xestor de Base de Datos: Oracle 11.2.0.4 MySQL Community Server 5.6.19 Video Servidor: Windows Media Services-Windows 2008 Linux - Apache-tomcat-7.0.42 Software base Java: JDK 1.7 y JRE 1.7.
SALA: Sistema Operativo: Windows 7 profesional SP1 32 bits Windows 7 profesional SP1 64 bits Sistema Xestor de Base de Datos: MySQL Community Server 5.6.19 Software base Java: JDK 1.7 y JRE 1.7.
Que ocorre se a versión actual en uso na miña administración é a 1.23.1.5?
A versión actual de eFidelius en uso na comunidade autónoma de Galicia é a 1.23.1.4. Para resolver certas incompatibilidades relacionadas co maquetado realizado polo Ministerio de Xustiza nas máquinas que albergan eFidelius, liberouse unha versión paralela, a 1.23.1.5, que, desde o punto de vista funcional, é completamente equivalente á versión 1.23.1.4.
A senda de unicidade recuperarase na próxima versión, que garante a compatibilidade con ambas as configuracións.
A arquitectura de eFidelius presenta tres niveis de máquinas?
Si. O sistema de eFidelius desenvolveuse coa principal premisa de proporcionar os servizos que aporta aos/as usuarios/as da Administración sen que estes se viran afectados por axentes externos, como a dispoñibilidade da rede. Para isto, creáronse tres niveis, sistemas de sala, sede xudicial e central, que permiten almacenar os vídeos en servidores independentes e permitir o acendido destes no caso de caída tanto de internet como da rede de LAN, ao tempo que facilitan a prestación de servizos a terceiros desde un punto único.
Para a instalación de eFidelius requírese a instalación dunha estrutura procesual, a que se refire?
O instalador da última versión da estrutura procesual atópase incluído no espazo de descargas. Dita estrutura respecta os mestres da aplicación xudicial Minerva e pode ser actualizada de xeito independente, sen necesidade de actualizar a versión de eFidelius.
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia