Sistema de gravación de vistas eFidelius
Para adecuarse no aspecto tecnolóxico á reforma procesual da Lei 13/2009, en Galicia foi precisa a renovación da plataforma de gravación de vistas orais, tanto desde o punto de vista do hardware como da solución utilizada.
O obxectivo final é homoxeneizar á solución eFidelius os sistemas de gravación de todas as salas de vistas, coas vantaxes de capacitación, eficiencia e aproveitamento dos recursos que isto supón.
eFidelius dispón de sinatura dixital, o que permite cumprir integramente coa lei 13/2009, e está concibido como unha plataforma integrada en diversos niveis (Sala – Sede Xudicial - Comunidade Autónoma), o que garante os distintos graos de seguridade de acceso e conservación da información adecuados ao nivel de sensibilidade desta, á vez que se obtén a absoluta dispoñibilidade da aplicación, precisa a nivel de sala.
Desde un punto de vista xeral, eFidelius, dá resposta ás seguintes funcionalidades:
- Gravación das vistas e audiencias.
- Edición das gravacións.
- Xestión de información relativa ás vistas
- Sinatura electrónica da gravación e dos seus metadatos.
- Xeración e xestión das copias das vistas gravadas.
O desenvolvemento desta solución foi asumido desde o segundo semestre de 2014 pola Xunta de Galicia, e continúa a ser evolucionado de xeito continuo por esta comunidade, sendo a última versión liberada a 1.29.2.10.