Poxas xudiciais - Preguntas frecuentes
Como se celebra unha poxa xudicial?
A poxa celebrarase de forma electrónica e terá lugar no portal dependente da Axencia Estatal Boletín Oficial del Estado, que constitúe o único medio para a realización das poxas que se acorden nunha execución e deriven de procedementos xudiciais de constrinximento, así como para as poxas voluntarias xudiciais.
Quen é a autoridade xestora das poxas?
A letrada ou letrado da Administración de xustiza do xulgado que convoque a poxa actuará, en todo caso, como autoridade xestora da poxa. Os datos de identificativos da dita autoridade poden comprobarse no Portal de Poxas, na segunda lapela da páxina de detalle de cada poxa.
Onde se localiza o Portal de Poxas?
O Portal de Poxas da Axencia Estatal BOE está dispoñible na sede electrónica da Axencia Estatal BOE, na ligazón https://subastas.boe.es.
Quen pode acceder ao Portal de Poxas?
Calquera persoa cidadá pode acceder ao Portal de Poxas da Axencia Estatal BOE.
Como podo buscar unha poxa no portal?
Na barra superior da pantalla de inicio do Portal de Poxas, á esquerda, premendo en “Buscar”, pódense seleccionar distintos criterios de procura das poxas: orixe ou tipo da poxa, estado, tipo de ben, enderezo, etc.
Pódome subscribir para recibir alertas segundo os criterios de procura que sexan do meu interese?
Si. As persoas usuarias rexistradas, unha vez iniciada sesión, poden realizar unha busca, gardala e solicitar que o portal lles envíe alertas por correo electrónico que se axusten aos criterios de busca seleccionados.
A que información pode acceder no portal unha persoa non rexistrada?
A persoa no rexistrada no Portal de Poxas só poderá acceder á parte pública do portal, que inclúe realizar buscas de poxas en curso por distintos criterios e consultar determinados detalles de cada poxa: a información xeral sobre a poxa, a autoridade xestora, os lotes que a compoñen, la persona interesada y la persona acreedora, así como os valores das ofertas máximas para cada lote no momento da consulta.
De que opcións dispón no portal unha persoa rexistrada?
A persoa rexistrada no Portal de Poxas, ademais das opcións públicas para todas as persoas usuarias, pode xestionar os seus datos de contacto, acceder a información sobre as poxas en que participou ou estea a participar, realizar depósitos, participar como licitadora ou ofertante nunha poxa e subscribirse a servizos de avisos e alertas de entrada de poxas que se axusten aos criterios que previamente establecera.
Como se realiza o rexistro no Portal de Poxas?
Para realizar o rexistro no portal é imprescindible dispoñer dun certificado electrónico recoñecido de persoa física. No Portal de Poxas só se poderán rexistrar persoas físicas, polo que, independentemente do tipo de certificado recoñecido que estea a utilizar para identificarse durante o proceso de rexistro, sempre se obterán os datos da persoa física que figuren no certificado. Se no certificado utilizado non se identifica a ningunha persoa física, non se poderá completar o rexistro. Durante o proceso de rexistro, o portal asignaralle un usuario (o seu correo electrónico) e solicitaralle un contrasinal, que poderá utilizar como credenciais para conectarse ao portal desde aqueles dispositivos en que non teña dispoñible o certificado electrónico. O correo electrónico que proporcione terá que ser único, é dicir, non se poderá utilizar o mesmo correo para rexistrar varios usuarios. Opcionalmente, a persoa usuaria pode proporcionar un teléfono móbil para recibir SMS de avisos sobre as poxas en que participe.
Para completar o seu rexistro, será imprescindible que acepte as condicións de uso do sistema.
O anuncio da convocatoria da poxa no portal dependente da Axencia Estatal Boletín Oficial del Estado, ¿prodúcese de xeito inmediato unha vez solicitada no xulgado a súa celebración?
Tras se solicitar a celebración da poxa, a letrada ou o letrado da Administración de xustiza acordará a súa convocatoria mediante decreto, e unha vez que a ditada resolución sexa firme, anunciarase aquela no BOE. Debe terse en conta que para que se abra a poxa resulta necesario aboar a taxa correspondente (bardante que o anuncio sexa gratuíto).
A partir de que momento se poden realizar ofertas nunha poxa electrónica?
A poxa non se abrirá ata transcorridas, polo menos, vinte e catro horas desde a publicación do anuncio, cando remitiuse ao Portal de Poxas a información necesaria para o comezo da mesma. Admitirá ofertas durante un prazo de vinte días naturais desde a súa apertura, se ben non se pechará ata transcorrida unha hora desde a realización da última oferta ou proposta, sempre que esta fora superior á mellor realizada ata ese momento, mesmo que isto implique a ampliación do antedito prazo inicial de vinte días por un máximo de 24 horas.
Quen pode ofertar nunha poxa?
Só poden ofertar ou licitar nunha poxa persoas usuarias rexistradas que constituíran o depósito establecido pola autoridade xestora, bardante daqueles casos en que a persoa usuaria, por ser executante ou por outra circunstancia, estea exenta de constituír o depósito. No momento de participar nunha poxa como persoa usuaria rexistrada realizando depósitos e/ou ofertas, o portal solicitaralle que indique se o vai facer no seu propio nome (o da persoa física rexistrada), en réxime de gananciais ou en representación dun terceiro. Mentres que nas poxas xudiciais en vía de constrinximento as persoas acredoras e os seus representantes poderán ofertar sempre que xa exista algunha oferta anterior, nas poxas voluntarias a persoa interesada poderá realizar unha oferta en calquera momento.
Que licitadores non necesitan realizar un depósito para ofertar?
Estarán exentos aqueles ofertantes ou licitadores que a autoridade xestora identificara co seu NIF nos datos da poxa (identificación de acredores, interesados e interesadas e representantes) no momento da súa alta no portal. Unha vez iniciada a poxa, non é posible engadir novos acredores, interesados ou representantes.
Como se realiza un depósito para ofertar?
Unha vez rexistrada, a persoa deberá entrar no sistema utilizando o seu certificado electrónico ou o seu usuario e contrasinal, localizar a poxa na que desexa licitar e acceder á lapela de "Pujas". Se a poxa ten lotes de adxudicación separada, seleccionará o lote no que estea interesado e daralle á opción de "Constituir Depósito". O sistema indicaralle o importe establecido pola autoridade xestora da poxa para o depósito e solicitaralle o IBAN dunha conta bancaria. Se a persoa usuaria non é o titular da conta, deberá estar autorizada e proporcionar os datos do titular, alén dos seus datos como representante autorizado. A constitución dun depósito desde unha conta na que a persoa usuaria é un representante autorizado (é dicir, non é o titular da conta) só se poderá realizar se a persoa usuaria se identificou no Portal de Poxas con certificado electrónico. Non será posible realizala se o usuario se identificou no portal co seu usuario e contrasinal. Para a constitución dos depósitos, o Portal de Poxas utilizará a pasarela de pagamentos que a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) pon á disposición para tal efecto. É por iso que a conta bancaria proporcionada a persoa usuaria debe ser dunha das entidades colaboradoras da AEAT.
Como se realiza unha oferta ou proposta?
Para realizar unha oferta, a persoa usuaria deberá realizar as seguintes operacións:
- Entrar no sistema utilizando as súas credenciais.
- Seleccionar a poxa e o lote en que desexa ofertar.
- Constituír o depósito correspondente.
- Indicar os seguintes datos:
- Importe polo que oferta: se a autoridade xestora da poxa estableceu o importe da licitación mínima e o incremento entre ofertas, o sistema só permitirá ofertar por estes valores. De non ser así, o sistema permitiralle facer propostas ou ofertas por calquera valor. O portal admitirá ofertas por importe igual ou inferior á máis alta xa realizada, para os efectos de reservalas no caso de que o vencedor non consigne o resto do prezo de adquisición.
- En nome de quen actúa: no seu propio nome, en réxime de lucrativos ou no de terceiros (nestes dous últimos supostos o usuario terá que achegar os datos correspondentes e estar en disposición de fornecer a documentación que así o acredite en caso de resultar ganador da poxa).
- Se desexa reservar a súa mellor oferta ata que se produza a adxudicación definitiva ou non.
- Confirmar a oferta: no momento da confirmación dunha oferta ou proposta, como medida adicional de seguridade o portal enviaralle un SMS ou un correo electrónico á persoa licitadora cun código para validar a dita oferta. Por cada proposta realizada e confirmada, á persoa licitadora recibirá por correo un documento que acredita a súa oferta. En todo momento, á persoa licitadora poderá comprobar cal é a súa oferta máxima e cal é a oferta máxima da poxa.
Pódese retirar unha oferta despois de confirmada?
As ofertas confirmadas non poderán ser retiradas. A autoridade xestora é a competente para resolver posibles excepcións, polo que se a persoa usuaria considera que se produciu algún erro, debe contactar coa autoridade xestora da poxa para comunicar a súa incidencia.
Que significa a reserva de oferta?
Cando a persoa licitadora estea a realizar a súa primeira oferta nunha poxa (ou nun lote), o portal solicitaralle que indique se desexa realizar reserva da súa oferta máxima (o portal pregunta só unha vez, coa primeira oferta, se quere facer reserva):
- Se indica que NON:
- Todas as ofertas sucesivas da mesma poxa (ou lote) realizaranse sen reserva de oferta.
- O depósito correspondente seralle devolto se non resulta ganador cando conclúa a poxa no Portal de Poxas.
- Se indica que SI:
- Todas as ofertas sucesivas da mesma poxa (ou lote) realizaranse con reserva de oferta.
- O depósito será retido, aínda que a súa proposta máxima haxa superada pola outra persoa licitadora, ata que a poxa sexa adxudicada e finalizada pola autoridade xestora.
- Se licitadores as persoas licitadoras con ofertas máis altas non resultasen finalmente adxudicatarias, esta persoa licitadora podería ser a nova gañadora, xa que de producirse o referido suposto, a autoridade xestora da poxa nomeará como nova adxudicataria á segunda ou sucesiva mellor persoa licitadora que solicitase a reserva da súa oferta. No caso de que unha persoa licitadora desexe realizar unha oferta por un valor inferior á oferta ou proposta máxima, o sistema só permitirallo se acepta unha reserva da súa oferta ata a adxudicación da poxa, dado que só poderá chegar a ser a adxudicataria final se as persoas licitadoras con ofertas máis altas renuncian á adxudicación.
Como se devolve o depósito as persoas licitadoras ou postoras que non ganaron a poxa?
O Portal de Poxas ordena automaticamente a devolución dos seguintes depósitos:
- Os depósitos realizados por persoas licitadoras non gañadoras que non solicitaron reserva de oferta, cando a execución da poxa conclúe no portal.
- Os depósitos realizados por persoas licitadoras non gañadoras que solicitaron reserva de oferta, cando a autoridade xestora finaliza a poxa.
- Todos os depósitos existentes, cando unha poxa é cancelada pola autoridade xestora.
Como se adxudica o ben ao licitador ganador da poxa?
Cando a poxa conclúe no portal, este ordena a transferencia do importe da consignación do persoa postora de cada lote (se non está deserto), a través da AEAT e do Banco de España, á conta da autoridade xestora da poxa. A mellor persoa postora será requirida pola autoridade xestora para que ingrese, se for o caso, o resto do prezo ofrecido (descontado o importe do depósito constituído previamente para licitar). A devolución de calquera posible cantidade á persoa postora gañadora deberá realizarse desde a conta da autoridade xestora, sen intervención do Portal de Poxas na devandita operación.
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia