Anuncios de poxas xudiciais
Segundo se establece na normativa vixente, a convocatoria de poxas xudiciais será anunciada no Boletín Oficial do Estado. O/A Letrado/a da Administración de Xustiza ante o que se siga o procedemento será quen ordene, de xeito electrónico, ao Boletín Oficial do Estado a publicación do anuncio da convocatoria da poxa co contido determinado na Lei de axuizamento civil.
Así mesmo, de xeito informativo, esta información publicarase tamén no Portal da Administración de Xustiza. Para unha localización máis sinxela poderase utilizar o buscador do Portal de Poxas Electrónicas na Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado.