Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Xuíces/as de paz

Dereitos, deberes e competencias


"O/A xuíz/a de paz ten competencia para coñecer determinados asuntos civís e penais sobre cuestións ocorridas no seu municipio e para expedir certificacións en materia de rexistro civil e realizar actos de auxilio xudicial"

Os/As xuíces/as de paz gozarán, entre outros, dos seguintes dereitos durante o tempo que exerzan o seu mandato:

  • Dereito de inamobilidade.
  • Dereito a ser retribuídos/as polo sistema e na contía que legalmente se estableza.
  • Dereito, dentro da súa circunscrición, ao mesmo tratamento e precedencia que os Xuíces/as de Primeira Instancia e Instrución na súa circunscrición.
  • Dereito a ser substituídos/as polas súas respectivas persoas substitutas nos casos de enfermidade ou ausencia por causa legal.

Deberes

Entre os deberes dos/as xuíes/zas de paz figuran:

  • Deber de xuramento ou promesa do cargo ante o/a xuíz/a de Primeira Instancia e Instrución (ou decano/a se houber varios) do partido xudicial onde estea situada a súa Oficina de Xustiza no Municipio.
  • Residir na poboación onde teña a súa sede a Oficina de Xustiza no Municipio, salvo autorización compatible co cumprimento do seu cargo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • Fixar e publicitar as correspondentes horas de audiencia na Oficina de Xustiza no Municipio.
  • Non pertencer a partidos políticos ou sindicatos, ou ter emprego ao servizo destes.
  • Non revelar os feitos ou noticias referentes a persoas físicas ou xurídicas dos que tivesen coñecemento no exercicio das súas funcións.

Competencias

O/A xuíz/a de paz é competente, entre outras, nas seguintes materias:

  • En materia civil é competente para coñecer, en primeira instancia, dos xuízos verbais relativos a reclamacións por cantidades non superiores a 150 euros. Tamén lles corresponde o coñecemento dos expedientes de conciliación civil de contía inferior a 10.000 euros.
  • En materia de rexistro civil poderán expedir certificados de matrimonio, nacemento ou defunción, tramitar e resolver expedientes, recibir e rexistrar documentos, proporcionar información á cidadanía e realizar videoconferencias coas unidades do rexistro civil. 
  • En materia penal é competente para coñecer en primeira instancia dos xuízos por delitos leves que ocorran no seu municipio, como ameazas, coaccións, danos leves e maltrato animal.
    Tamén coñecen dos actos de conciliación por feitos ocorridos no seu municipio nos procedementos por delitos de inxuria e calumnia contra particulares.
  • En materia de auxilio xudicial  é competente para a realización dos actos de comunicación requiridos por outros órganos xudiciais. 

Xunta de Galicia