Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza
Actos por videoconferencia

Decálogo de boas prácticas


  1. Previamente ao día da celebración asegúrate de que tes a ligazón necesaria para acceder. Se non dispós dunha ligazón para conectarche á videoconferencia, solicítaa ao órgano.
  2. Copia no navegador web a ligazón que che enviaron na citación, para probar que funciona. Accede mediante un dos navegadores recomendados (Microsoft Edge, Google Chrome ou Mozilla Firefox). Usa estes navegadores independentemente do dispositivo desde o que che conectes.
  3. Rexístrate anticipadamente: nalgúns casos para acceder ao acto o xulgado solicita un rexistro previo. Ao entrar na ligazón web enviada pediranche que inclúas os teus datos. Convén que realices este rexistro con antelación e que non agardes ao día da celebración.
  4. Comproba que a conexión a internet funciona correctamente: as chamadas de videoconferencia necesitan de moi boa conexión. Emprega preferiblemente a conexión por cable, é moito máis rápida e fiable que o WiFi ou os datos móbiles. Se vas utilizar unha rede móbil, comproba a boa cobertura e mantente no mesmo lugar durante toda a videoconferencia.
  5. Ao entrar na videoconferencia fai as comprobacións de funcionamento da cámara, dos altofalantes e do micrófono. Asegúrache de que che poidan ver e escoitar, e de que escoitas e ves correctamente. Moitos dispositivos entran por defecto nas videoconferencias coa cámara, o son ou o micrófono desactivados. Comproba que podes activalos con normalidade.
  6. Mantente dentro da sala de espera. Nalgúns casos, deberás agardar na antesala virtual antes de ter acceso á sala principal. Sé paciente, evita saír e entrar da mesma. Se o tempo na sala de espera se demora máis do habitual e non saibas se é debido a un atraso ou a unha incidencia, contacta co órgano.
  7. Unha vez dentro, coloca a pantalla de xeito que a cámara che enfoque correctamente, situándote nun primeiro plano e tomando como referencia os ombreiros. Evita estar diante ou á beira dunha xanela, xa que pode xerar ‘efecto contraluz’. Recomendamos, se é un dispositivo móbil ou táblet, mantelo horizontal e nun soporte cara á fronte.
  8. Utiliza auriculares con micrófono para poder escoitar mellor e con claridade. O uso dos auriculares con micrófono permite que se escoite mellor a voz da persoa falante, sen ecos ou interferencias. Asegúrate de que as persoas participantes poden escoitarche antes de iniciar a túa intervención e fala cun ton de voz firme e pausado.
  9. Desactiva o micrófono cando non sexa a túa quenda de palabra, evitarás ao resto a escoita de sons de ambiente ou que se mesturen ruídos como o do teclado.
  10. Lembra que a túa imaxe aparece durante todo o acto, non só durante o tempo que dure a túa intervención. Se realizas outras actividades no dispositivo, chamadas ou atendes ás mensaxes, podes perder a conexión e saír sen desexalo da videoconferencia, interferir na escoita ou compartir información non desexada.