Sede Xudicial Electrónica

Portal Xustiza

Ana Ortiz asiste á reunión preparatoria do simulacro de incendio na cidade da xustiza de Vigo


Vigo, 12 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este martes á reunión na Cidade da Xustiza que tiña como finalidade a actuación dos distintos responsables ante un simulacro de evacuación do edificio con motivo dunha alarma de incendio na planta 17 do edificio. O procedemento establecido no protocolo para estes casos activa a comunicación a todos os responsables, estamentos e institucións involucrados coas chamadas pertinentes aos servizos de emerxencias.